Mañá, martes 5 de novembro, ás 00:00 da noite, pechará o prazo ordinario de matrícula para o curso 2024/2025
Viveiro, 4 de novembro de 2024. O Concello de Viveiro e a Universidade Nacional de Educación a Distancia presentaron hoxe os cursos dispoñibles na Aula Universitaria UNED Viveiro para o curso 2024/2025.
O acto celebrouse con motivo do peche mañá, martes 5 de novembro, do prazo ordinario de matrícula na UNED para este curso. O programa UNED Sénior, dirixido a persoas maiores, xa se atopa en funcionamento.
Interviron na presentación o concelleiro de Educación no municipio, Jesús Fernández Fernández, e a responsable da UNED en Viveiro, Milagrosa Ferreira.
O edil destacou na súa intervención que a aula “leva funcionando máis de 20 anos, sendo a primeira aula destas características na provincia de Lugo contando cun destacado percorrido e unha grande proxección a nivel provincial”.
Fernández Fernández sinalou que a existencia da aula “supón unha gran oportunidade para a xente que quere ou precisa ir a clase no seu municipio ou para quen non tivo oportunidade de ir á universidade na súa xuventude”.
“A aula da UNED de Viveiro conta cun gran abanico de posibilidades para calquera persoa interesada en recibir unha formación universitaria”, engade o concelleiro.
Pola súa banda, Milagrosa Ferreira quixo “visibilizar a existencia da aula” tanto para a poboación de Viveiro como dos seus arredores, xa que “a UNED chega a calquera esquina”. A responsable da aula puxo en valor os diferentes estudos ofrecidos.
Ferreira destacou tamén o curso de acceso á universidade para maiores de 25 anos, equivalente ao título de bacherelato, ou o acceso para maiores de 45 anos, este só para estudar na UNED. Tamén o programa UNED Sénior, “unha plataforma idónea para persoas maiores de 55 anos con ganas de aprender”.





















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



