Nota de prensa:
O PP rechaza unha iniciativa socialista para ampliar o Hospital
OS SOCIALISTAS CRITICAN O “GRAVÍSIMO DETERIORO” QUE SUPÓN A XESTIÓN DO PP NA XUNTA PARA A SANIDADE PÚBLICA DA MARIÑA DE LUGO
– O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego advirte que a Xunta reduciu un millón de euros nos orzamentos para o Hospital da Costa, cando ten as listas de espera máis altas da sanidade pública galega
– Denunciou que as listas de espera non estructurais aumentaron un 200%
– Criticou a “estratexia de deterioro do sistema sanitario público” por parte do PP co obxectivo de “favorecer á sanidade privada”, o que “explica o incremento dos desprazamentos de doentes a outros centros hospitalarios”
– Dixo que no 2008 a espera media do Hospital era de 79 días e os últimos datos sinalan que son 106 días
Santiago , 9 de xuño de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego interveu onte na Comisión 5º do Parlamento, para reclamar mediante unha iniciativa que, crear unha Área de Xestión Integrada Única, propia da Mariña luguesa. Manter a mellora e a ampliación dos servizos sanitarios da comarca da Mariña coa ampliación real do Hospital da Costa e o número de camas, implantación da Unidade de Oncoloxía, ampliación do servizo de Hemodiálise, pleno funcionamento da consulta maior ambulatoria, unha resonancia magnética fixa, a hospitalización a domicilio, a posta en funcionamento dos servizos de tarde, o aumento do cadro de persoal e o reforzo e mantemento de todos os servizos e unidades existentes tanto de Atención Primaria como de Atención Especializada. E tamén establecer o cargo de xerente da Área Integrada Única de Burela e non un xerente executivo que sería unha mera figura representativa. O PP rechazou esta iniciativa.
Alí Ismael Rego criticou o “gravísimo deterioro” que está a supoñer a xestión do PP na Xunta para a sanidade pública da Mariña de Lugo, coas esperas máis elevadas da sanidade galega.
Rego denunciou a “estratexia de deterioro do sistema sanitario público” por parte do PP co obxectivo de “favorecer á sanidade privada”, o que “explica o incremento dos desprazamentos de doentes a outros centros hospitalarios”. Así, criticou que a Xunta ven de reducir un millón de euros nos orzamentos do próximo ano para o funcionamento deste centro hospitalario.
Rego lembrou que no mes de xuño do 2009, a Consellería de Sanidade anunciou en Burela a creación dunha área sanitaria única para a provincia de Lugo, o que supoñería, a centralización da xestión tanto hospitalaria como dos centros de saúde en Lugo. Advirte que estas declaracións provocaron unha gran preocupación na Comarca, pois ao Hospital da Costa están asignadas aproximadamente 72.000 persoas, distribuídas en 14 concellos, que pasarían a ter como primeiro Hospital de referencia o Hospital de Lugo, a uns 100 km de Burela e a uns 90 minutos en tempo de desprazamento en coche.
O deputado dixo que o mais escandaloso é a reducción de orzamento para o funcionamento de perto de 1 millón de euros do Hospital Comarcal da Costa, que conta coas listas de espera mais longas do sistema sanitario galego. E denuncia que o Plan Director realizado para a súa ampliación polo anterior Goberno vai seguir nun caixón un ano mais. Lembrou ademais a preocupación dos veciños da Mariña que crearon unha plataforma en defensa da sanidade publica.
Aludiu tamén aos datos. Dixo que no 2008 a espera media do Hospital era de 79 días e os últimos datos sinalan que son 106 días. Mais polo miúdo explicou que de 50 días de espera en rehabilitación pasouse a 186 días, e reumatoloxía de 24 días a 107 días, en cardioloxía de 88 a 185 días segundo os datos da propia Consellería de Sanidade.
Ademais denunciou que as listas de espera non estructurais aumentaron un 200%. “Os cidadáns da Mariña de Lugo non merecen esto”, insistiu.


















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



