NOTA DE PRENSA
GONZÁLEZ LEGAZPI FAI UNHA VALORACIÓN POSITIVA DA PRESENZA DE BURELA EN EXPOGALAECIA 2010. O CONCELLEIRO DE TURISMO ASEGURA QUE O STAND DO CONCELLO FOI UN DOS MÁIS VISITADOS NA FEIRA CELEBRADA EN VIGO DO 29 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO.
Burela, 2 de novembro de 2010. O Concello de Burela fai unha valoración positiva da súa presenza na décimo terceira edición de Expogalaecia 2010, que tivo lugar en Vigo do 29 de outubro ao 1 de novembro. O stand de Burela foi un dos máis visitados da feira, segundo o concelleiro de Turismo, José González Legazpi.
O edil nacionalista explica que “pasaron por Expogalaecia preto de 55.000 persoas centrándose as potencialidades mais significativas no ecoturismo e na sostibilidade, na búsqueda da convivencia entre os visitantes e os destinos, téndose por tanto incrementado a participación respecto do pasado ano, e mesmo algo superada a cifra de negocio prevista. Atopámonos por tanto diante dun certame turístico dos máis importantes de España, de tal xeito que a presenza no mesmo do noso Concello representa potencialidade turística e gastronómica, porque valoriza os nosos recursos, posibilita capacidade de retorno e potencia a Burela como destino turístico de referencia na nosa comarca”.
González Legazpi engade que “o Concello de Burela estivo en ExpoGalaecia 2010 próximo a Xunta de Castela e León que promocionaba os 1.100 anos da creación do Reino de León e o Camiño de Santiago, e mesmo do Museo da Evolución Humana de Burgos e de moitos outros países, comunidades, concellos e institucións. O stand de Burela foi un dos máis visitados dentro deste certame, donde se interesaban polos nosos recursos e mesmo polos da nosa comarca de A Mariña e manifestaban igualmente curiosidade polos nosos espazos de natureza, historia e gastronomía, o que representa por tanto unha valoración positiva para o Concello de Burela”.
O concelleiro de Turismo considera que “o turismo representa cerca do 12% do PIB e algo máis do 10% da ocupación asalariada de Galicia, por tanto significa unha parte importante da economía dos concellos, e dende estas consideracións o Concello de Burela está a realizar un importante esforzo cara a nosa potenciación como destino turístico dentro da nosa comarca, o que xa estamos a percibir de acordo cos parámetros que se teñen dado neste pasado verán e que reflicten un incremento importante na afluencia de visitantes a Burela, o que sen dúbida representa positividade para o desenvolvemento da actividade local e unha valorización xeral da socioeconomía”.





















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



