As mariñás dominan a primera parte e conseguen bater definitivamente ao Poio na segunda nun competido “Derbi das Costas”.
Burela, 14 de decembro, 2024. Ás 18.45h desta tarde celebrouse a 14ª xornada da liga de Primeira División Iberdrola FS, o clásico “Derbi das Costas”, CD Burela FS – Poio Pescamar FS, no pavillón municipal Vista Alegre de Burela, cun resultado final 3-2. Con ao redor de 600 espectadores, o encontro abreu cun minuto de silencio polo falecemento de Josefa Fernández López, “Pepa”, avoa de Noelia Montoro, xogadora que non puido asistir ao partido por este motivo.
Primeira parte moi boa das mariñás que ben puido acabar cun resultado máis avultado ao descanso e segunda parte máis igualada na que o Poio sae con ganas de tentar levar aínda que sexa un punto conseguindo o empate tras o descanso.
Na primeira parte chega o 1-0 no minuto 6, tras as primeiras rotacións, cun gol de Patricia que recorta a Sandra Buzón e métea dende a área tras un pase longo de Antía Pérez. Numerosas ocasións con máis chegadas a portería do conxunto local, dúas ocasións de Emilly e outra de Dany nos primeiros 10 minutos onde o Poio case non tira a portería. Ocasión clarísima de Emilly nun erro na defensa do equipo visitante que deixa o balón morto na área e fusílao Emilly atopándose coa porteira cántabra que a saca a córner. Outra de Carolina Pedreira no minuto 17 que a lanza fóra dende o punto de penalti. Ocasión de Chuli cun disparo cruzado tras unha falta perigosa a case tres minutos do descanso que se vai rozando o pau. Sálvaa Caridad tres tiros a porta consecutivos a segundos do descanso.
Na segunda parte comezan presionando con intensidade ambos os conxuntos. No minuto 24 Èlia empata o partido batendo por abaixo a Caridad e un minuto despois Antía perde a ocasión máis clara do partido, soa no segundo pau coa portería baleira remata e a lanza por encima do traveseiro. Sácaa baixo paus Ale de Paz nun lanzamento de Dany sen porteira e sálvaa Emillly enviándoa a córner tras roubar na área o balón a Élia cando ía rematar un rexeite. No 29 chega o segundo das burelenses, un golazo de Emilly que recibe e dispara dende a área un pase de Dany. Presiona o Poio con porteira-xogadora con Elena Aragón coa elástica amarela, no minuto 34, e chega o 3-1 cun gol de Patricia a portería baleira. Continúa o conxunto pontevedrés tentándoo con xogo de cinco. Recorta distancias Laura Uña no 36 cun gol desde a área a pase de Martita. No último segundo Caridad saca de porta cun saque longo que non toca pista local co que se fai un último lanzamento de falta directo ao traveseiro que salva a porteira gaditana.
O martes que vén, 18 de decembro, antes do parón navideño, as Pícaras viaxarán a Ciudad Real e xogarán a terceira eliminatoria da Copa da Raíña ante o Almagro FSF ás 20.30h no pavillón municipal Gemma Arenas Alcázar.
Ficha Técnica CD Burela FS 3-2 Poio Pescamar FS
CD Burela FS (3): Caridad; Dany (C), Dinha, Cami, Emilly – cinco inicial-, Antía Pérez, Patricia, Carolina Pedreira, Cilene, Débora. Entrenador: Julio Delgado.
Poio Pescamar FS (2): Sandra Buzón; Candela, Ale de Paz, Martita, Elena Aragón, –cinco inicial-, Èlia, Rocío Molina, Laura Uña, Irene García, Chuli, Miri, Sofía Rozas. Entrenador: Luis López-Tulla
Goles: 1-0, min.6: Patricia. 1-1, min.24: Èlia. 2-1, min.29: Emilly. 3-1, min.34: Patricia. 3-2, min.36: Laura Uña.
Árbitros: Gael García Schmid, Daniel Eduardo Muñoz García, Gabriel Balea Martínez, Andrea de Luís Iglesia.
TA: Emilly, Rocío Molina.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.


