Os mariñaos remontan un 2-1 antes do descanso e véñense arriba na segunda parte dominando o resto do partido con solvencia
Burela, 17 de decembro, 2024. O conxunto masculino do CD Burela FS enfrontouse ás 20.45h desta tarde ao IES Coruxo FS no encontro de cuartos de final de Copa Galicia no pavillón As Travesas de Vigo, cun resultado final 3-6, clasificándose para a semifinal do campionato. Partido solvente e sobrio do Burela FS. Aínda que arrinca anotando rápido cun tanto de Pitero, un talentoso Coruxo aproveita ben dúas situacións de transición onde xera perigo ao Burela, anotando dous goles e poñéndose por diante durante estes primeiros minutos de xogo, xerando uns minutos de dúbida tras o 2-1 ao conxunto visitante. Pero os mariñáns non se desconcentran e volven recuperar rapidamente a confianza converténdose en claros dominadores do encontro durante o resto do partido.
Arrinca anotando o Burela cun golazo de Pitero no minuto 2, que recibe unha boa paralela de Charly e métea por toda a escuadra. Pero no minuto 6 o Coruxo empata o encontro cun gol tras unha boa transición. Dous minutos despois chega o 2-1 para o Coruxo noutra transición tras perda, pero no 13 volve Pitero nunha gran acción de pivote xirándose na área e marcando a pracer tras asistencia de Juninho. Segundos despois chega o terceiro do Burela e hat-trick de Pitero tras recuperar o balón preto da área rival. Vantaxe mínima tras os 20 primeiros minutos tras remontar o encontro.
Vénse arriba o Burela na segunda parte, anota R. Ribeira o cuarto no minuto 22 cun zapatazo axustado que condena ao cérbero local e chega o 2-5 no 26 cun gol de Araya coa zurda tras unha gran xogada combinativa do conxunto mariñán. Remata o festival de goles co 3-6 nunha xogada de estratexia do conxunto vigués.
Contento coa vitoria o técnico santiagués, David Rial, “O noso obxectivo non é outro que gañar a competición, era importante pasar este primeiro partido e se hai que vivir estas situacións de empezar perdendo tamén é bo vivilas e remontalas”.
Este próximo sábado 21 o equipo burelense enfrontarase ao vixente campión de liga, o Jimbee Cartagena Costa Cálida, ás 20.00h en Vista Alegre. Partido que será retransmitido pola canle pública Teledeporte.
Ficha Técnica IES Coruxo FS 3-6 CD Burela FS
IES Coruxo FS (3): Joel Sanervas; Alejandro Fernández, Enrique Gómez, Alexis Rodríguez, Javier Fernández –cinco inicial-, Pablo Calvo, Daniel Cervelo, Daniel Lorenzo, Martín Puime, Jorge Bigotes, Adán Álvarez. Entrenador: Lucas Fernández Álvarez.
CD Burela FS (3): Mika; Pitero, R.Ribeira, Isma, Charly -quinteto inicial-, Araya, Quelle, Alberto, Juninho, Malaguti. Entrenador: David Rial.
Goles: 0-1, min.2: Pitero. 1-1, min.6: Pablo Calvo. 1-2, min.8: Alejandro Fernández. 2-2, min.13: Pitero. 2-3, min.14: Pitero. 2-4, min.22: R. Ribeira. 2-5, min.26: Araya. 2-6, min.28: Isma. 3-6, min.28: Javier Fernández.
Árbitros: Olivier Cardero Rodríguez, Jorge Otero Mira, María López López.
TA: Alexis Rodríguez, Martín Puime, Jorge Quelle, Malaguti.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


