O Presidente e o responsable do colectivo asinaron un acordo de colaboración no
Pazo de San Marcos a través do que o institución provincial contribúe a que o colectivo poida desenvolver o programa de atención integral en esclerose múltiple
Lugo, 30 de decembro de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou copresidenteda Asociación Lucense de Esclerose Múltiple (ALUCEM), Pablo Miranda Lage, un convenio de colaboración por un importe superior a 10.000€ co obxectivo demellorar a calidade de vida dos 86 usuarios e usuarias que padecen esta enfermidade na provincia. Esta achega permite á entidade desenvolver o seu programa de atención integral en esclerose múltiple, que se centra na mellora da autonomía e benestar das persoas afectadas por esta enfermidade e fibromialxia a través de sesións de fisioterapia e neurorehabilitación.
José Tomé subliñou a importancia de continuar ofrecendo este servizo e destacou o compromiso da Deputación co tecido social da provincia, afirmando que “desde a institución provincial sempre apoiamos as iniciativas que melloran a calidade de vida das persoas máis vulnerables”. Con esta nova colaboración con ALUCEM,“damos un paso máis no apoio ás persoas afectadas por esclerose múltiple, garantindo que poidan acceder a servizos fundamentais para mellorar a súa autonomía e benestar”. Destacou ademais que “seguiremos apoiando a estas entidades para que poidan seguir desenvolvendo os seus programas, que son claves para mellorar a vida das persoas da nosa provincia”.
O programa de ALUCEM ofrece sesións de fisioterapia que traballan aspectos fundamentais como a mobilidade, o equilibrio e a forza muscular, favorecendo a autonomía persoal. Ademais, o proxecto inclúe apoio social a través dun traballador social que realiza unha valoración das necesidades individuais, coordina os recursos terapéuticos e proporciona orientación tanto ás persoas afectadas como ás súas familias. Este enfoque integral e adaptado permite unha atención máis completa e eficaz, mellorando a vida das persoas usuarias e tamén aliviando a carga das súas coidadoras.
ALUCEM foi creada no ano 1996 por un grupo de persoas interesadas en mellorar o coñecemento e a investigación sobre a esclerose múltiple. Desde entón, a asociación ten como obxectivo principal ofrecer un proceso rehabilitador ás persoas afectadas, mellorar o seu benestar e promover un estilo de vida activo. Na actualidade, ALUCEM atende a 86 usuarios, na maioría mulleres, e continúa traballando para mellorar a calidade de vida deste colectivo.
A esclerose múltiple é unha enfermidade autoinmune que afecta o sistema nervioso central e cuxa causa segue sendo descoñecida. Os factores xenéticos involucrados aínda están por identificar. O diagnóstico adoita realizarse entre os 18 e os 40 anos e presenta síntomas como neurite óptica, fatiga e perda de sensibilidade, que se manifestan en forma de brotes. Nos últimos anos, os tratamentos avanzaron de xeito significativo, incluíndo inmunosupresores e terapias innovadoras como o transplante de medula ósea.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



