Viveiro, 3 de xaneiro de 2025. O Concello de Viveiro anuncia que os establecementos hosteleiros poderán pagar de xeito fraccionado en prazos a Taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras e outros elementos análogos con finalidade lucrativa.
Este fraccionamento foi acordado co sector hosteleiro da localidade nunha reunión mantida coa alcaldesa María Loureiro, a Concelleira de Comercio viveirense Iria Cotelo e o Concelleiro de Facenda do municipio Jesús Fernández.
O pagamento fraccionado poderá ser solicitado ata o día 13 de xaneiro. Neste caso, os cargos realizaranse en tres prazos, cada un do 33,33% do total: o 21 de xaneiro, o 21 de marzo e o 21 de abril.
No caso de que o cobro do primeiro prazo sexa devolto por parte da entidade financeira, o pagador quedará obrigado a abonar a totalidade do recibo no período ordinario de pagamento, perdendo desta maneira posibilidade de pagar de xeito fraccionado no segundo e no terceiro prazo.
Para quen non opte por esta modalidade, o período de pago voluntario da taxa por uso das terrazas estará dispoñible entre o 10 de xaneiro e o 10 de marzo de 2025.
O Boletín Oficial da Provincia de Lugo de mañá, sábado 4 de xaneiro, incluirá o Padrón Fiscal desta taxa. Con esta publicación ábrese o periodo de exposición pública por espazo de 15 días hábiles, é dicir, do 7 ao 27 de xaneiro de 2025.
As persoas titulares de terrazas poden dirixirse á Oficina de Tesourería do Concello de Viveiro para consultar os importes asignados, realizar modificacións, solicitar aclaracións ou obter máis información.
María Loureiro quixo lembrar que “durante tres anos, con motivo da pandemia do Covid 19, o Concello de Viveiro eximiu á hostalería deste pago durante un periodo de tres anos”.
Pola súa banda, Iria Cotelo apuntou que “o fraccionamento desta taxa foi froito do consenso acadado entre o Concello e a hostelería de Viveiro, polo que agardamos que sexa satisfactorio para todos os establecementos”.
Por outra parte, dende a Concellería de Comercio dirixida por Cotelo infórmase de que xa se poden tramitar as solicitudes de terrazas para a anualidade 2025.




















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



