Rouco desminte que a cuberta do pavillón fose substituída na súa totalidade e asegura que a última goteira foi producida por unha situación que entra dentro da normalidade e que non se atopa na zona reparada
Vilalba, 10 de xaneiro de 2025. A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, vén de informar do verdadeiro estado actual do pavillón municipal, así como desmentir as declaracións do Partido Popular de Vilalba, que asegura que se levaron a cabo unhas actuacións para o cambio completo da cuberta.
“Os 75.000 euros da actuación que se completou no mes de xuño centráronse na zona máis deteriorada da cuberta pola falta de mantemento que acumulaba o edificio durante os anos de goberno do Partido Popular”, explicou a alcaldesa de Vilaba, Marta Rouco. “Concretamente as obras consistiron na substitución das pranchas translúcidas, o cambio da cuberta dos vestiarios e o repaso da tornillería”, engadiu Rouco.
Nesa liña, a rexedora de Vilalba, Marta Rouco, lamenta que “os populares vilalbeses empreguen a mentira e a desinformación para intentar desacreditar a un goberno que traballa e soluciona”.
“O partido Popular debería saber perfectamente que as obras, por importe de máis de 70.000 euros, se centraron nunha parte concreta, que era a máis deteriorada, porque o proxecto foi aprobado en pleno. As afirmacións do grupo popular lévannos a pensar que votan sen sequera mirar os proxectos nin saber o que están validando”, sentenciou Marta Rouco.
No referido á situación do pavillón municipal, a rexedora vilalbesa, Marta Rouco, explicou que “a cuberta do pavillón foi rehabilitada nas súas zonas máis deterioradas, non obstante, os técnicos explicáronnos que debido ás súas características e ás importantes choivas dos últimos días, a aparición de filtracións puntuais entra dentro da normalidade”.
Nesa liña, a dirección da obra e os técnicos municipais confirmaron que o máis probable é que as filtracións, localizadas en dous puntos concretos nos que non se realizou ningunha actuación nas últimas obras, veñan provocadas por algunha folgura da tornillería.
“En canto tivemos coñecemento da incidencia, estudamos a situación e buscamos unha solución”, asegura Rouco, quen explicou que “ante a imposibilidade de que a empresa que acometeu as obras o pasado ano puidera desprazarse ata a nosa vila e solucionar as filtracións antes da fin de semana, buscamos outra empresa que xa está traballando en solucionar a situación”.
Nun prazo de menos de 48 horas, o goberno de Marta Rouco buscou unha solución para que ningún encontro deportivo da fin de semana tivera que aprazarse. “A mesma mañá na que se nos deu a coñecer a filtración de auga, contactamos coa empresa que está realizando a reparación, quen non puido actuar ata hoxe polas condicións meteorolóxicas”, puntualizou a alcaldesa de Vilalba.
Ademais, “a empresa responsable das últimas obras, desprazarase ata a nosa vila a vindeira semana para comprobar o estado das súas actuacións e solucionar calquera tipo de deficiencia que poidan ter”, concluíu a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco.




















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



