O conselleiro do Mar participa na presentación do vídeo documental A posta en valor da pesca en Burela
Burela, 14 de febreiro de 2025. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou este venres na presentación do vídeo documental A posta en valor da pesca en Burela, onde destacou o compromiso e o traballo da Organización de Produtores Pesqueiros da localidade mariñá como elementos decisivos na competitividade e sostibilidade da súa frota. Deste xeito, o responsable autonómico trasladou a vontade do Goberno galego de seguir apoiando a estas entidades que, no caso da Burela, leva recibidos da Consellería do Mar máis de 2,6 millóns de euros.
E é que esta OPP é unha das primeiras que se constituíron en España. Data de 1.986 e foi creada a iniciativa das Confrarías de Pescadores de provincia de Lugo, logo da integración de España na antiga Comunidade Económica Europea. A frota está formada por embarcacións de catro modalidades, dúas en caladoiros internacionais (palangre de superficie en augas do atlántico norte e sur e palangre de fondo en caladoiros da UE), e dúas en zonas de pesca nacionais (arrastre de fondo e cerco artesanal no Cantábrico e noroeste). As principais especies pesqueiras, por volume de capturas e vendas, así como por tradición, son a pescada de pincho e o Bonito do Norte.
Achegar o oficio do mar á cidadanía
O proxecto audiovisual, presentado hoxe na lonxa do porto, inclúese no Plan de producción da OPP, que ten por obxectivo comunicar e divulgar aspectos positivos do sector centrándose na economía e no emprego xerado, así como achegar os oficios do mar á cidadanía, moi vinculados á historia de Burela, e que poden ser unha opción de futuro para moita xente, contribuíndo así a garantir o relevo xeracional dun réxime con con moita importancia económica.
Conta coa participación de 48 persoas de toda a cadea de valor e está diferenciado en dez bloques, que son os seguintes: a pesca en Burela; tradición e legado familiar; traballo e superación; evolución e modernización das frotas; emprego e conciliación; integración social; dinamización económica; gastronomía e saúde; o futuro; e amor ao mar.
A proxección dá continuidade ao acto celebrado o pasado 19 de decembro en Madrid, na Casa de Galicia, cando se mostrou o trailer deste documental.























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



