Nos últimos anos, o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) converteuse nunha das pezas centrais da acción política e da promoción de Yolanda Díaz. A vicepresidenta do Goberno, que na teoría ten fondo arraigamento sindical, defendeu con firmeza a suba constante do SMI como ferramenta clave para mellorar as condicións laborais da clase traballadora. Ata aquí, nada que obxectar: un salario máis digno para os traballadores é sempre un obxectivo lexítimo e unha necesidade de converxencia con Europa.
O problema xorde cando este enfoque se converte nunha obsesión que esquece e aparta á negociación colectiva. Desarma ós sindicatos no día a día das empresas e non favorece o dialogo coa patronal. As subas do SMI son necesarias, si, pero deberían estar acompañadas dun mecanismo que permita a súa incorporación máis progresiva e equilibrada nos convenios colectivos, garantindo un impacto sostible no tecido empresarial.
A política laboral de Díaz ten unha tendencia preocupante cara a unha uniformización do mercado de traballo, como se todas as empresas, sectores e territorios puidesen asumir o mesmo incremento sen consecuencias. Non é así. A realidade da produción e a competitividade require flexibilidade e capacidade de adaptación. A sobre intervención estatal neste eido corre o risco de asfixiar a negociación entre empresarios e traballadores, que debe seguir sendo a verdadeira base do diálogo social e foi sempre unha fortaleza no noso Estado.
A suba do SMI, aplicada sen unha estratexia máis ampla, pode converterse nun problema serio para a competitividade das pemes, especialmente nun contexto de inflación e incerteza económica e coa presión do Trumpismo. Hoxe os profesionais de nivel case están no SMI e son os que aportan calidade e cualidades a nosa tan frouxa competitividade.
Ademais, o obxectivo de Yolanda Díaz parece ser levar o mercado laboral a un esquema case lineal, reducindo as diferenzas salariais entre traballadores cualificados e non cualificados. Isto des incentiva o esforzo, a formación e a innovación, elementos clave para o progreso económico.
O diálogo social é fundamental para construír un mercado laboral xusto e eficiente, e iso implica darlles espazo aos sindicatos e ao empresariado para negociar de maneira realista e sostible. A política do BOE e os anuncios grandilocuentes dende o Goberno poden traer titulares favorables, pero non sempre constrúen unha economía forte a medio e longo prazo.
Subir o SMI si, pero con cabeza e co consenso de todos os actores sociais. Calquera outra cousa é populismo de curto percorrido, con custos que non se perciben.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG
Membro do Council do Partido Demócrata Europeo



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



