Unha proba evidente das limitacións do noso sistema xurídico-político é a gravísima desigualdade xurídica do galego a respecto do castelán, alicerzada na Constitución de 19078, na que só se lle recoñece oficialidade en todo o Estado e máis o recoñecemento do deber de coñecemento ao castelán, fronte á simple cooficialidade do galego na Galicia e ao simple dereito da nosa poboación a coñecelo e usalo.
Das resultas deste desequilbrio, maxistratura, fiscalia e funcionariado xudicial, canda avogacía e procura ,poden refusar do uso do galego e mesmo escusar o seu coñecemento. Porén, as razóns do mínimo uso da nosa lingua galega na Administración de Xustiza no noso país (pouco máis dun 1% nas sentenzas) non se alicerza só nestas gravemente desigualitarias regras.
Non. Ademais desta inxusta lexislación supremacista a prol do castelán coinciden as circunstancias cunha reiterada falla de atribución de recursos á Administración de Xustiza e coa moi grande dificultade práctica do uso do galego na Xustiza, por mor da imposibilidade práctica de tradución da actual versión da aplicación Minerva, desenvolvida polo Ministerio de Xustiza e usada pola Xunta.
Isto quere dicir, miñas donas e meus señores, que se a avogacía galega quere-queremos- facer uso do dereito de xusticiábeis e profesionais de esixir que que sexa o galego a lingua na que se desenvolva todo o proceso, tendo en conta a falla de medios materiais e persoais da Administración de Xustiza na Galicia e maila falla de tradución do vixente programa Minerva ao galego seica estaríamos a atrasar a administración xudicial e, xa que logo, a satisfacción dos lexítimos intereses das persoas que diriximos na reclamación dos mesmos.
Porque a razón principal-claro é que existen outras- da falla de normalización do galego na xustiza (e máis do círculo vicioso da continuidade nesa falla de normalización) é a desaquelada admisión desa última versión intraducíbel do programa Minerva polos Centros Directivos da Xunta atinxidos (a Axencia tecnolóxica AMTEGA, a Dirección Xeral competente nos medios da administración xudicial e, en menor medida, a Secretaría Xeral de Política Lingüística), que impiden na práctica que o funcionariado xudicial galego escriba na nosa lingua propia sen o sacrificio dunha grande perda de tempo que nin nos nin as persoas xusticiábeis temos.
Velaí a necesidade de que os axentes sociais representativos da avogacía, da procura e do funcionariado xudicial galegas e os que artellan as persoas profesionais destes sectores que pulan a prol da lingua galega na Xustiza esixan-esixamos- de vez dos responsábeis da Xunta a urxentísima implementación do novo programa xudicial ( Atenea ) en lingua galega, de xeito que os profesionais poidamos facer xustiza- e a cidadanía recibila- na nosa lingua. E dende xa.

















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



