Os populares inciden en que “non fixeron nada nestes sete anos de Goberno de Sánchez pola autovía A-74” e piden que, “polo menos, conserve en boas condicións a estrada nacional”
A Mariña, 28 de marzo de 2025. José Manuel Balseiro advirte que, atendendo á resposta do Executivo ás preguntas oficiais dos senadores do Partido Popular en relación ao estado do firme da estrada N-642, “o Goberno de Sánchez non ten previsto acometer ningún tipo de mellora”; a pesar do estado que presenta nas variantes de Burela e Foz. Neste último caso, “é especialmente deficiente”. Incluso, entre a rotonda de Vilaxoane e Fazouro, incluído o tramo que discorre por diante do polígono, presenta parches mal feitos, baches e zonas co firme esmagado; polo que “require unha actuación urxente”.
Ante as explicacións que formularon por escrito os representantes do PP lucense no Senado sobre a previsión do Goberno para corrixir a situación do asfalto nas variantes, con que características e en que prazos; o Executivo asegura na súa resposta que tras acometer obras de rehabilitación do firme entre o p.k. 26,950 e o p.k. 28,800 e do p.k. 36,500 ao p.k. 55,000 “o estado de conservación da N-642 é, en xeral, correcto”.
O senador popular mariñán acusa ao Goberno de Sánchez de “rirse dos veciños da Mariña porque dan a entender que está en perfectas condicións cando calquera veciño e veciña da comarca pode comprobar a diario o estado da vía e das variantes de Burela e Foz”.
O portavoz do PP en Foz, Javier Castiñeira, cre tamén que a resposta do Goberno é “un insulto á intelixencia dos focenses” porque dicir que “a estrada está en perfectas condicións é un dato absolutamente falso”.
O portavoz popular en Foz asegura que son moitas as queixas tanto de veciños como de usuarios ante “os centos de parches mal feitos: Xa non é que o digan todos os focenses, senón que o di todo o mundo que pasa por esta estrada” e son “miles os vehículos que pasan pola variante de Foz”.
“Fixéronse pequenas obras, pero non é suficiente”. E engade que “vimos dun inverno duro e a estrada presenta baches en formación. Imos cara ao verán que é unha época de máis tráfico, con máis turistas e a imaxe vai ser lamentable” á vista de que “o Goberno de Sánchez non ten intención de mellorar a variante”.
SEN AVANCES NA A-74
Balseiro incide en que “non só non fixeron nada nestes sete anos de Goberno de Sánchez pola autovía A-74, senón que son incapaces de conservar en boas condicións a estrada nacional” que vertebra a costa da Mariña e constitúe a principal vía de comunicación co hospital público, o porto de Burela ou a planta de aluminio de Alcoa.
O portavoz popular de Foz indica que “está claro que os socialistas seguen co abandono ás estradas da Mariña. Practicamente non hai avances na A-74 e, polo menos, pedimos que estea en boas condicións a N-642 que actualmente, ao seu paso por Foz, causa molestias a veciños e usuarios”.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



