Dende o PP de Burela recordan que “se non fora porque o ano pasado se abriron 20 negocios no municipio, a cifra de iniciativas pechadas en Burela superaría a centena”, un claro síntoma da falta de políticas de xeración de emprego por parte da alcaldesa, que o ano pasado levou a Burela a liderar a taxa de incremento de paro na Mariña
Burela, 31 de marzo de 2025. O portavoz do PP de Burela, Manuel Rouco, asegura, ante as críticas do PSOE nas redes sociais polos datos facilitados polo Grupo Municipal Popular no último pleno sobre o paro e o peche de negocios, que “estamos aínda agardando dende comezos do mandato a que a alcaldesa achegue os primeiros datos cos que pretende desmentir as nosas informacións”.
O popular convida á rexedora socialista a facer públicas, por exemplo, as contas da achega do Concello para as festas patronais do ano pasado. “O goberno mantivo en pleno que repartían algo máis de 60.000 euros e nós mantemos que superaron de largo os 90.000 euros”, indica.
Rouco tamén pide que “faga efectivo o pago dos 200.000 euros que lles prometeu en primas de produtividade aos traballadores do Concello e que, despois, foi imposible de cumprir porque era ilegal, tal e como lle advertiramos no correspondente Pleno”.
O voceiro do Grupo Municipal Popular tamén insta á señora López Moreno a que “non minta nas declaracións aos xornais de máxima difusión na nosa provincia sobre o sentido do voto do noso grupo nas sesións plenarias”. Rouco cita como exemplo que “en relación a un caso de denuncias dunhas traballadoras municipais contra o Concello por cuestións salariais afirmando que votaramos en contra, cando non emitimos sequera voto como medida de protesta polas irregularidades que levou ao Pleno a alcaldesa nese expediente”.
O popular cre que, “a estas alturas, o que debería facer a alcaldesa é gobernar do mellor xeito posible e non facer oposición á oposición. Ao mellor sona a frauta e é capaz de atinar nas súas decisións nos dous anos que quedan de mandato”.
“Dende que a señora López Moreno forma parte do grupo municipal ben como alcaldesa ou ben como concelleira, non para de diminuír a actividade económica en Burela. En decembro do 2019 había 661 negocios en Burela e, cinco anos despois, en decembro do 2024, só quedaban 575 en pé. E todo a pesar de que ao longo do ano pasado se abriron 20 novos negocios. Se isto non tivera pasado, superaríamos a cifra dos 100 negocios pechados nos últimos cinco anos en Burela”, explica.
En relación ao paro, o popular explica que, “tristemente, a realidade é a que é: xa o ano pasado liderabamos con Viveiro o incremento do número de parados na Mariña e, no que vai de mandato, Burela é líder indiscutible, con 41 parados máis”.
Rouco defende que “as iniciativas que leva o Grupo Municipal Popular ao Pleno encamiñadas ao incremento da actividade económica na nosa vila, como é a adhesión á rede de Concellos Emprendedores da Xunta de Galicia, non debería supoñer ningún problema para a nosa mandataria no Concello”.
Así mesmo, engade que “non entendemos que critica o feito de que haxa veciños que, cumprindo os requisitos, se poidan beneficiar de ata o 95% no IBI, IAE ou ICIO. Somos sabedores de que isto vai en contra do ideario socialista e da súa continua gran presión fiscal sobre os veciños; pero deben entender que certas rebaixas fiscais favorecen a actividade económica local e, por extensión, melloran a contratación no noso municipio”.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



