Enmárcase na programación dos Días Europeos da Artesanía, que inclúe outros talleres e obradoiros abertos ao público durante esta semana
Lugo, 2 de abril de 2025. O Alfar dos Muíños, en Mondoñedo, acollerá o próximo domingo 6 de abril unha xornada de oficios artesáns impulsada pola Xunta en colaboración coa Asociación Profesional de Artesáns dos Muíños e Concello.
A iniciativa enmárcase na programación dos Días Europeos da Artesanía, que inclúe máis talleres abertos ao público esta semana en Mondoñedo e noutros lugares de Galicia. Toda a información e os datos de contacto poden consultarse a través da páxina web www.diasdelaartesania.es.
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e a concelleira de Turismo de Mondoñedo, Patricia Otero, presentaron as actividades na Delegación Territorial de Lugo xunto con tres dos artesáns participantes, Verónica Page, Maica Juncal e Marcelo Scapinachis.
O domingo durante todo o día o Alfar dos Muíños acollerá obradoiros de torno cerámico, modelado manual e esmaltado, fiado con roca, confección en pel, títeres, estampado artesanal e marroquinería. Os talleres serán impartidos por profesionais de cada disciplina.
O horario previsto irá dende as dez da mañá ata as oito da tarde. A arpista Marta Quintana pechará a xornada cun concerto.
Os Días Europeos da Artesanía é unha iniciativa que se desenvolve cada ano en diferentes países de Europa co obxectivo de divulgar os oficios artesanais entre a sociedade e amosar a súa enorme riqueza e singularidade. Como cada ano, na comunidade as actividades están coordinadas pola Fundación Artesanía de Galicia.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



