Santiago de Compostela, 2 de abril de 2025. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou este mércores na reunión da Comisión Mar-Industria, celebrada con motivo da viaxe a Galicia do ministro do Mar de Cabo Verde, Jorge Mauricio dos Santos, e que serviu para consolidar as relacións empresariais de ambas as dúas rexións vencelladas ao sector marítimo-pesqueiro. E é que, tal e como subliñou o responsable autonómico, o país africano dispón dunha posición estratéxica, ao situarse preto dos caladoiros de Senegal e Mauritania e a medio camiño entre España e as illas Malvinas, Arxentina e Namibia. Pola súa banda, Galicia é a principal rexión europea en produtos do mar.
En 2024, as exportacións a Cabo Verde superaron as 2.900 toneladas, obtendo un valor mercantil de 9 millóns euros. Polo que respecta ás importacións, estas cífranse en máis de 3.800 toneladas e en 16,6 millóns de euros. Destaca o peixe conxelado, que supón o 76% de todas as exportacións galegas de produtos pesqueiros ao país africano. A Consellería tamén impulsa a Feira Expomar en dita rexión, co fin de impulsar a internacionalización da cadea mar-industria da comunidade. A xuntanza de hoxe, dá continuidade á rolda de contactos que o dirixente africano está a levar a cabo esta semana en Galicia. No día de onte, visitou o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) e mañá entrevistarase cos responsables da empresa Jealsa; encontro no que tamén participará o conselleiro do Mar.



















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



