Ribadeo, 4 de abril de 2025. Acisa participou na presentación do Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030. O xerente, Jesús Pérez, foi o encargado de representar á asociación “dunha das vilas comerciais mais importantes de Galicia, especialmente nas fins de semana”.
Pérez Prada contou que “no dia de onte tiven a honra de representar a Acisa Ribadeo, na presentación do Plan Estratéxico do Comercio de Galicia, impulsado pola Dirección Xeral de comercio, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Xunta de Galicia. O devandito plan preséntase tras un proceso de escoita activa por parte da Dirección Xeral de Comercio con reunións de traballo con máis de 300 representantes de diversas entidades, entre elas Acisa Ribadeo. Foi un proceso no que tivemos a oportunidade de participar e aportar, dende o noso punto de vista, as nosas ideas. Dito plan pretende revitalizar un dos sectores máis importantes da nosa comunidade como é o comercio, cun plan a 5 anos que contempla tres eixes estratéxicos con 16 medidas e 74 accións concretas dende a Xunta de Galicia para o período 2025 – 2030, e que estará financiado con 320 millóns de euros, todo co propósito de mellorar e potenciar o comercio local e por ende as nosas vilas. Quixera felicitar ao Director Xeral de Comercio, Gabriel Alén, e ao seu equipo, polo traballo que están a realizar e agradecer que nos permitira formar parte das mesas de traballo na elaboración e definición do plan estratéxico”.
O xerente de Acisa subliñou: “é un orgullo ter podido participar como poñente neste importante evento representando a Acisa Ribadeo, en palabras do Director Xeral de Comercio, unha asociación e CCA cunha ampla traxectoria de colaboración co Concello, unha asociación que leva a cabo numerosas actividades de dinamización e fidelización comercial, e que converteu a Ribadeo nunha das vilas comerciais mais importantes de Galicia, moi especialmente as fins de semana. Quixera agradecer expresamente o convite para participar, as palabras do Director Xeral, e a confianza da xunta directiva para representar á nosa entidade neste evento. E creo que é obrigado dicir publicamente que isto non é mérito meu como actual xerente dende hai preto de 10 anos, aínda que un anaco del vanme permitir reservalo para min. É para min obrigado recordar a labor de todas as xuntas directivas e dos seus presidentes e das anteriores xerentes, así coma dos alcaldes, concelleiras e concelleiros que cren e creron ferventemente na colaboración entre ambas institucións, que con esforzo e dedicación conseguiron entre todos, crear e facer medrar a esta entidade”.
Na súa intervención, Jesús Pérez puido explicar as claves e o traballo que Acisa realiza para atraer visitantes doutras localidades, poñer exemplos de iniciativas de éxito e impacto no comercio, a experiencia de traballar en colaboración co Concello de Ribadeo e tamén do papel que xoga a dixitalización no pequeno comercio e as novas tendencias de consumo, así como os retos aos que se enfronta o comercio local.
O xerente de Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo relatou que “nesta presentación puiden explicar ante os asistentes, representantes de todo o asociacionismo comercial, CCAs, prazas de abastos, Cámaras de Comercio, federacións… o traballo que desempeñamos para facer de Ribadeo, unha das vilas comerciais mais importantes de Galicia. E facémolo en primeiro lugar crendo na promoción turística, coma un eixe fundamental, asistido a feiras, creando campañas promocionais, etc. E en segundo lugar xerando permanentemente sinerxías entre comercio, gastronómica, turismo, hostalaría e tamén cultura, ocio e deporte, por iso sempre facemos fincapé na estreita colaboración con outras entidades que organizan actividades que atraen visitantes. Tamén puiden explicar a importancia que ten a colaboración público privada e moi especialmente a colaboración entre as asociacións locais e os Concellos, e como isto ten sempre un resultado moi positivo. No caso de Acisa Ribadeo puxemos en valor a colaboración que dende hai xa moitos anos, ambas entidades mantemos. Un convenio de 20.000 euros anuais, a colaboración en medios humanos e materiais, e a colaboración ou coorganización de actividades. Cabe destacar moi especialmente, neste punto, a colaboración que se está a realizar dende os seus inicios, sendo Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo, coa campaña das Panchas, o Nadal, ou a coorganización do Ribadeo Indiano, que hoxe en día se mantén e á que se unen novas actividades como o Domingueo en Ribadeo, que naceu como iniciativa de Acisa e que agora é unha cita coorganizada. Neste punto, a colaboración entre Concellos e asociacións, está a ser parte da esencia do novo Plan Estratéxico, que busca fortalecela, e por iso Acisa Ribadeo formou parte deste acto, como exemplo de colaboración e traballo conxunto, o que a Dirección Xeral de Comercio, quere potenciar”.
Para Jesús Pérez “a clave do éxito está en unir esforzos, traballar conxuntamente e ter un obxectivo común, o comercio local das nosas vilas. Tamén puiden demostrar, porque Ribadeo é ese referente comercial, case me permito dicir, unha das capitais galegas do comercio, e porque non tamén do turismo e da gastronomía; facendo un resumo das principais campañas, entre as preto de 50 feitas no 2024, que destacan en Acisa como a festa do comercio, o rasca e gaña ou das as diferentes xornadas gastronómicas organizados ao longo de todo o ano”.
A súa intervención rematou facendo un breve análise do papel da dixitalización do pequeno comercio e nas estratexias para fortalecer o comercio local de Galicia: “hoxe en dia a dixitalización externa, as redes sociais e as webs xa están moi consolidadas, agora temos un reto maior, temos que traballar nunha dixitalización diferente, moito mais orientada á xestión interna dos nosos comercios, xestión de stock, xestión de custes… E no tocante aos retos e estratexias de fortalecemento, debemos de poñer o foco no emprendemento xuvenil, que a xente nova saiba que un comercio é un negocio viable ao que se pode dedicar, debemos de poñer o foco no relevo xeracional, pero dende o punto de vista de que un autónomo que se xubile pode deixar o seu negocio a un empregado mais novo que estea a traballar xa nel, debemos de concienciar á cidadanía, sempre en positivo, sobre a importancia do comercio local, e por suposto e fundamental, as administracións, as asociacións e os comerciantes debemos seguir a traballar na colectividade, na colaboración publico privada, na cofinanciación e temos que continuar xerando sinerxías entre os diferentes sectores económicos das nosas vilas”.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



