Ribadeo, 16 de abril de 2025. Éxito das actividades lúdico deportivas organizadas polo Concello de Ribadeo esta Semana Santa co obxectivo de facilitar a conciliación laboral e familiar.
O concelleiro de Mocidade e Deportes, Francisco José Silvent, destacou a boa acollida que tiveron “os mini campamentos e as actividades do Centro de Día”. E relatou que “contamos con mini campamentos para nenas e nenos desde o 4 ata os 12 anos, que teñen lugar ata hoxe no Ceip Gregorio Sanz e que dispuxeron de servizo de programa madrugador. Tamén onte todos puideron gozar dunha festa aberta con diferentes propostas para todas as idades”.
Silvent engadiu que “onte, martes, tivo lugar unha actividade interxeracional no Centro de Día de Ribadeo Os anos achegan… aos libros. Foi organizada polo CAMP de Ribadeo, o CIFP Porta da Auga e o Concello. Asistiron nenas e nenos de 0 a 3 anos e tanto cativos como usuarias e usuarios do Centro de Día gozaron todos xuntos dunha xornada diferente”.
As actividades lúdico deportivas de Semana Santa foron organizadas polas Concellerías de Mocidade e Benestar Social.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



