Xove, 17 de abril de 2025. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, sumouse este Xoves Santo á XXI Festa do Polbo do Xove, coa que a localidade mariñá exaltou este produto, e na que o responsable autonómico gabou o traballo dos organizadores – Asociación de Hostaleiros e Concello- porque, dixo, este tipo de eventos contribúen a dinamizar a economía local e o sector marítimo-pesqueiro, ao tempo que poñen en valor a excelente calidade dos produtos da costa galega. Deste xeito, ao longo da tarde, locais emblemáticos como O Refugio, Bar Pepe, Cafetería A Roda, A Fuga, La Cívica, Os Faroles, O Cabaliño, Antoño e Pulpería-Bar Cociña ofreceron aos asistentes racións deste cefalópodo, elaborado e presentado de distintas formas, procedente dos portos de Morás e Portocelo, así como doutros peiraos de baixura de A Mariña.
A Xunta de Galicia acordou en marzo co sector unha parada biolóxico en abril e unha veda de polbo durante dous meses, co fin de axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación sostible deste recurso pesqueiro. Así, neste período, queda expresamente prohibida a súa captura por medio de calquera arte, en augas nas que Galicia ten competencias en marisqueo, xa sexan interiores ou exteriores. Tamén é aplicable á pesca marítima de recreo e á pesca con calquera outra arte distinta da nasa para polbo. Unha das novidades respecto ao último plan é que a paralización da actividade extractiva no mes de abril contará con apoio económico ao sector afectado ao abeiro do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (Fempa) que ampara a posibilidade de habilitar estas axudas á paralización temporal para aplicar medidas de conservación como os períodos de descanso biolóxicos dos recursos aparece recollida no regulamento deste fondo. Realízase para favorecer as condicións de vida e traballo das persoas que se dedican a esta actividade e para impulsar o desenvolvemento da actividade de xeito sustentable.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



