A cuestión da necesidade ou mesmo simple conveniencia da unidade europea, dende 1945, é unha cuestión complexa e moito máis se temos que analizala dende a perspectiva da Galicia ou do Estado español. O xogo do trinomio Galicia-Estado Español-Europa (Máis Galicia, menos España-Máis Galicia, máis Europa e outros posíbeis combinados) é tamén moi complexo. U-la opción cara á construción europea máis vantaxosa para Galicia?
Dende unha perspectiva co centro na Galicia o profesor Miguel Anxo Bastos (USC) ven de publicar o seu ensaio O pequeno é possível (Através Edicións, 2025), defendendo que os países pequenos son “máis prósperos e menos corruptos” a respecto dos máis grandes, por estar suxeitos á un meirande grao de competencia. Deste xeito, tira a conclusión de que Europa progresou por estar fragmentada, fronte á dinámica de estancamento dos Imperios, como o chinés, por mor da competencia entre uns e outros países europeos.
Partillo, canda o profesor Bastos, a convicción de que a Europa (e seica outras rexións deste mundo) son moi plurais e xuntan un conxunto de territorios máis ou menos homoxéneos que presentan características inequívocas de nación (como Galicia), ou cando menos, de comunidade rexional fortemente definida. Sete Estados Membros da Unión Europea teñen menos poboación ca Galicia: as tres repúblicas bálticas (Lituania, Latvia e Estonia), Chipre, Malta, Eslovenia e Luxemburgo, mentres outros Estados europeos nas portas dun proceso de integración da UE teñen poboacións só moi lixeiramente superiores á galega (Croacia, Bosnia, Moldavia, Armenia e Xeorxia), mentres que outros (Macedonia., Kosovo ou Montenegro) teñen bastante menos poboación. Quen pode rexeitar, como afirma Bastos, que Galicia sexa viábel económicamente se for independente?
Agora ben, dende unha perspectiva galega (ou, máis concretamente, dende unha perspectiva soberanista galega) cómpre albiscarmos Europa como un conxunto de estados, nacións ou territorios fragmentados e illados entre si? Cómpre albiscarmos unha superestrutura común europea alén do mercado común no que afirma acreditar Bastos? Pode evitar a unidade política europea as políticas españolas de recentralización e discriminación a respecto da Galicia que impiden ou dificultan o noso autogoberno e benestar?
A construción da UE dende Mäastricht (1992) non foi, certamente, favorábel a respecto da soberanía dos seus pobos e nacións sen Estado e si ferreña na defensa dos Estados Membros como alicerces dunha UE sempre incompleta e favorecedora dunha gobernanza híbrida entre as institucións suxeitas á elección e control cidadán (Parlamento Europeo e Comisión Europea) e o Consello Europeo, alicerzado nos Estados e moi suxeito á influencia dos lobbies elitistas.
Porén, a Europa actual enfronta o seu xeito de vida, os seus valores liberais e democráticos, a respecto dos Imperios. Velaí claramente os exemplos ruso e chinés e, aceleradamente, o exemplo dos EUA. Pensamos a serio que a nosa Europa pode sobrevivir sen construírmos unha unidade política que, polo menos, poida garantir un único sistema de defensa, unha única diplomacia e un orzamento e regras fiscais comúns? Podemos enfrontar esta nova realidade dende a fragmentación? Esta fragmentación non sería, máis ben, a ponte de prata para que o españolismo, nomeadamente o de extrema dereita e dereita dura, propuxese un modelo de renacionalización castelá fronte á afirmación da soberanía galega nunha unidade política europea?
Velaí que o modelo fragmentario da Europa dos pobos e das nacións sexa o modelo para alicerzar a unidade política europea. Mais que ese modelo, alicerzado neses valores da democracia liberal alleos aos Imperios, requira dunha construción confederal europea que sexa quen de fornecer esa defensa e diplomacia comúns. Doutro xeito nin Galicia nin Europa imos ter futuro. Vannos devorar polos pes.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



