Ribadeo, 25 de abril de 2025. O Club de Remo de Ribadeo contará cunha nova furgoneta grazas á colaboración de Concello e Deputación de Lugo.
O alcalde, Dani Vega, explicou: “seguimos investindo no deporte de Ribadeo, seguimos traballando conxuntamente con todas as entidades, e neste caso co Club de Remo de Ribadeo. En primeiro lugar, o meu agradecemento a un club que está facendo tan grande Ribadeo, ao conxunto de deportistas que estades conseguindo moitísimo. Polo tanto, o meu agradecemento a ese traballo constante, a esa disciplina, a ese sacrificio persoal, porque estades, evidentemente, onde vos gusta. Pero, hai que agradecer todo un traballo desinteresado pola directiva, porque está conseguindo moitos logros, tamén a todos e todas as deportistas que estades conseguindo, desde un punto de vista de mérito persoal, grandes logros, pero evidentemente deixar a Ribadeo sempre no mais alto”.
O rexedor dixo: “conseguístedes moito no aspecto deportivo, pero tamén en unir dúas administracións: Concello e Deputación, Deputación e Concello, que van colaborar para conseguir unha furgoneta. Eu quero agradecer a Dani García, deputado con responsabilidades no goberno da Deputación, e é fácil evidentemente entenderse con Dani García, pero hai que poñer en valor estas cousas e a Deputación neste caso fixo un gran traballo de colaboración coa entidade que tiña unha necesidade, que era unha furgoneta, e entre as dúas administracións fixemos posible solucionar o problema”.
Vega declarou: “convido a todas as administracións a seguir no mesmo camiño, o entendemento, a colaboración, porque o único que pretende o Concello é xestionar orzamento para que Ribadeo siga avanzando, e xestionar orzamento, evidentemente, para todas as entidades e tamén para as entidades deportivas”.
Para o alcalde ribadense “este é outro gran logro que consigue o remo de Ribadeo, que foi unir dúas administracións, xuntarse, entenderse e buscar solución a un problema que tiña esta entidade. Polo tanto, o meu agradecemento tanto a Dani García, á Deputación e tamén ao Club de Remo por todo ese traballo que fan e que é tan importante desde un punto de vista deportivo, pero tamén de valores e evidentemente de deixar a Ribadeo sempre no máis alto”.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



