Viveiro, 29 de abril de 2025. O Diario Oficial de Galicia (DOGA) publicou o día 28 de abril de 2025, a RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2025 pola que se convoca o Programa de axudas ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Estas axudas están dirixidas a financiar actuacións ou obras de mellora da eficiencia enerxética en vivendas, tanto unifamiliares como pertencentes a edificios plurifamiliares, que constitúan o domicilio habitual e permanente das persoas solicitantes. O importe das axudas será dun 40 % do custe da actuación, cun límite de 3.000 euros por vivenda.
Serán subvencionables aquelas intervencións que:
a) Consigan unha redución mínima do 7% na demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración, ou unha redución mínima do 30% no consumo de enerxía primaria non renovable. Tamén se considerarán subvencionables as actuacións de modificación ou substitución de elementos construtivos da envolvente térmica
b) Cumpran coa normativa vixente e conten coas licenzas e autorizacións requeridas. Non serán subvencionables as actuacións de investimento en xeradores térmicos que utilicen combustible de orixe fósil.
O prazo de solicitude comeza o 8 de maio e remata o 8 de xullo de 2025, salvo que antes se esgote o crédito orzamentario, feito que se publicará no DOG. As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través da sede da Xunta de Galicia.
Para máis información, poden acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro (Praza Maior, 1) ou chamar ó teléfono 982562968.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



