Viveiro, 29 de abril, 2025. O BNB explica que: “Desde o anterior goberno municipal, encabezado pola tenenta de alcaldesa de entón, Míriam Bermúdez, realizouse un traballo exhaustivo e responsable para poñer en evidencia a urxente necesidade de renovar as tubaxes de distribución entre a ETAP de Landrove e a estrada LU-540. A antigüidade das instalacións, xunto cos constantes problemas de roturas e cortes de subministración, afectaban de forma continua a numerosas familias, deixando claro que a situación requiría unha resposta inmediata”.
“Froito dese traballo riguroso, Míriam Bermúdez desenvolveu unha análise técnica detallada en colaboración coa empresa concesionaria VIAQUA, que deu lugar á elaboración dunha memoria que documentaba a crítica situación da infraestrutura. Esta documentación foi presentada formalmente á Xunta a finais de 2024, exixindo a intervención inmediata”.
“Agora, coñecemos que esta actuación comeza finalmente a avanzar, cun proxecto técnico en marcha e un compromiso de colaboración para a súa execución. Desde o BNG de Viveiro, recibimos con satisfacción este avance, pois supón o recoñecemento do traballo serio e rigoroso realizado no seu momento”.
“Alégranos que, aínda que tarde, se dean os pasos necesarios para atender unha demanda que puxemos sobre a mesa cunha serie de informes, propostas e constante insistencia. O noso compromiso co interese xeral da veciñanza de Viveiro segue sendo firme e inquebrantable”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



