Lugo, 30 de abril de 2025. Rural promocionará a carne de poldro de Pura Raza Galega e de Porco Celta nas Feiras e Festas das Quendas de Mondoñedo, que se inauguran oficialmente esta tarde -co pregón de Xulia Nogueira – e que se alongarán ata o domingo.
A través do programa Un gusto de rural, un rural degusto, mañá, coincidindo coa Gran Feira Tradicional de Gando, a área dirixida por Daniel García organiza unha demostración de cociña e degustacións gratuítas de receitas con carnes destas razas autóctonas, a partir das 11.30 horas na Alameda.
O público poderá degustar, gratuitamente, brioche de porco celta, encurtidos e crocante e hamburguesa gourmet de Poldro galego con queixo de San Simon da Costa
Ademais, do 2 ao 4 de maio, oito locais de hostalería mindonienses que se adheriron á iniciativa – O Petisco, Bodeguiña, Bodegón, Castro, Abadía, Rincón, Porriño e Galiana – ofrecerán tapas elaboradas con porco celta e carne de poldro do Pura Raza Galega. Os locais recibiron cinco quilos de carne de porco celta e oito de carne de poldro para preparar as elaboracións.
O deputado de Rural Daniel García agradeceu a colaboración da Asociación As San Lucas para “organizar estas degustacións coas que seguimos promocionando estes produtos de razas autóctonas, da man de ganderías locais” e lembrou que “consumir estes produtos é unha forma de contribuír colectivamente á viabilidade das granxas e o futuro dun sector fundamental para a conservacion do territorio e a fixación de poboación no rural”
As degustacións son parte do amplo programa de actividades organizado pola Asociacion As San Lucas para a celebración das Feiras e Festas das Quendas, coa gandería como elemento aglutinador.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



