Secundino Fernández denunciou a pasividade da Xunta de Rueda, a quen acusou de pretender “exterminar o sector para favorecer os seus amigotes”
Santiago de Compostela, 7 de maio 2025. O deputado do BNG, Secundino Fernández, cuestionou hoxe a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, sobre a grave repercusión que terá a instalación da macrocelulosa de Altri nas comarcas do corazón de Galiza, especialmente na Ulloa. Fíxoo no Pleno deste mércores, onde denunciou a pasividade da Xunta de Rueda fronte a un proxecto que, segundo advertiu, “supón unha ameaza directa para miles de familias que viven do campo”.
Fernández sinalou que a recente Declaración de Impacto Ambiental publicada en marzo apenas dedica unha páxina –dun total de 76– á análise do impacto sobre o sector agrogandeiro. “Unha páxina para o sector primario dunha das zonas máis produtoras do País. Parece que non lles importa”, criticou. Segundo o deputado, o informe inicial recollía algunhas obxeccións, pero “por arte de maxia desapareceron todas cando Altri respondeu dicindo que todo estaba en orde”.
Na súa intervención, tamén lamentou que os aspectos relativos ao monte e ao ámbito forestal apenas ocupan tres pequenos parágrafos. “Menos de dúas páxinas para o medio rural, sinal de que non había moito interese en analizar con rigor as consecuencias desta macroplanta”.
Fernández lembrou que na zona afectada existen máis de 3.000 explotacións agrogandeiras, con máis de 70.000 vacas e 61.000 hectáreas de superficie agraria útil, unha área xa de por si con déficit de terra. “Imaxinen despois da eucaliptización” que implica Altri, advertiu.
O deputado nacionalista subliñou que o sector agrogandeiro da comarca ocupa directamente a 4.000 persoas, sen contar cos miles de empregos indirectos asociados á actividade agraria e gandeira, como empresas de servizos, comercio, transformación de produtos, turismo rural ou industria auxiliar.
Ademais, fixo referencia á Denominación de Orixe do queixo Arzúa-Ulloa, a segunda de todo o Estado español, que comercializa 4 millóns de quilos de queixo ao ano, xerando un volume económico de 32 millóns de euros.
Porén, segundo denunciou, a megacelulosa de Altri precisa máis de 2,2 millóns de toneladas de eucalipto ao ano, o que provocará unha expansión acelerada da eucaliptización, especialmente na comarca onde se pretende instalar.
250M€ para Altri mentres se denegan o 71% das axudas á mellora de explotacións
Secundino Fernández contrapuxo que mentres a Xunta reclama axudas de 250 millóns de euros para Altri para crear 250 empregos directos —“a 1.000.000€ por posto de traballo”, subliñou— os mozos ou mozas que se queren incorporar á actividade agraria reciben 40.000€”. “A iso chámolle asalto ás arcas públicas”, afirmou, engadindo que a mesma Xunta que quere axudas para Altri denega o 71% das achegas para mellorar as explotacións agrogandeiras.
Fernández continuou argumentando que, se falamos dos empregos non agrarios no medio rural, e dando por bos os datos da Consellería do Medio Rural referente ao PDR 2014-2020, este plan permitiu nestes 8 ano aprobar case 1.500 proxectos., cunha axuda pública de 77,5 millóns. “E agora pretenden darlle dende o goberno da Xunta do PP 250 M € a Altri dunha atacada, os cartos de 25 anos de axudas para desenvolvemento rural”, lamentou
“Que triste que o diñeiro para desenvolver unha zona, para crear riqueza que acabe nas mans dos que queren destruíla. Para vostedes as persoas que viven no rural estorban para os seus plans depredatorios do noso País e dos recursos públicos”, manifestou.
“Señora conselleira, vostede debería estar loitando para impedir este proxecto contaminante, defendendo aos homes e mulleres do rural. Pero cala. E coa súa complicidade, a Xunta do PP pretende exterminar un sector vital para Galiza para favorecer aos seus amigotes”, concluíu.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



