21 equipos, 230 deportistas e unha das Escuelas Deportivas con máis nenas e nenos de toda a provincia
Burela, 15 de maio, 2025. Un dos clubs deportivos máis potentes da nosa comarca, e mesmo da provincia, nin máis nin menos que de fútbol sala, un dos deportes menos practicados e coñecidos no mundo pero que en Burela conta con máis de 200 nenas e nenos ademais de ser o único club de fútbol sala cos dous equipos senior, de ambas categorías, feminina e masculina, en Primeira División: o CD Burela FS.
Con 24 anos de historia, a meses de celebrar o seu 25 aniversario, este club mariñán non deixa de medrar ano a ano, con 21 equipos, 230 deportistas (70 xogadoras e 160 xogadores). As Escolas Deportivas Cabreiroá Burela FS albergan 205 nenos e nenas de todas as categorías (150 nenos e 55 nenas). Ademais de equipos biberón e prebenjamín mixtos, o club conta con conxuntos, tanto masculinos como femininos, desde categoría benxamín a xuvenil, algo moi singular deste club nos últimos anos e que non moitos clubs de Galicia e mesmo de toda España poden dicir. 15 técnicos e 17 delegados ademais do filial feminino e os dous equipos senior que xogan na máxima categoría. Coordinadas polo tamén preparador físico do primeiro equipo masculino, Alfonso Mera, coa axuda de Jairo Campo á fronte da sección feminina e Pancho García da masculina, a base do CD Burela FS é un proxecto grande aínda en crecemento, cunha estrutura moi sólida que pretende seguir aumentando adeptos a este bonito deporte que mobiliza cada día a multitudes de persoas implicadas nesta gran Familia Laranxa.
Recentemente realizouse a Foto de Familia que presentamos e que cada ano ocupa máis asentos na nosa bomboneira, o noso Vista Alegre.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.

