Ribadeo, 5 de agosto, 2025. Os días 7 e 8 de agosto, Ribadeo converterase de novo nun punto de encontro para o cine “de aquí” coa celebración da IV Edición do Festival de Cine Curto de Ribadeo, organizado polo colectivo creativo Areas Movedizas. Este proxecto botou a andar no 2022 coa intención de facer grande o cine curto achegándoo á xente da contorna, e co obxectivo de amosar que aquí tamén se fai cine, promovendo curtametraxes vencelladas á Mariña Lucense, Galicia e Asturias, e poñendo en valor o traballo de creadoras e creadores dos departamentos audiovisuais ligados a estas zonas.
Nesta edición, o festival presenta oito novas curtametraxes seleccionadas: “Corre, Adela”, de Alba Pino; “Azkena”, de Ane Inés Landeta e Lorea Lyons; “Ratiña”, de Alicia Úbeda; “Monstera”, de Diego R. Aballe; “Curmán”, de Alejandro Jato; “La Reina de los Idiotas”, de J.K. Álvarez; “Campolivar”, de Alicia Moncholí; e “Komando Marmitako”, de Ane Nafarrate e Uxue Botas. A diversidade temática e formal destas pezas, que mestura xéneros diversos como drama, comedia, biopic, animación ou experimental, reflicte o espírito do Festival: seleccionar boas historias, crear comunidade arredor dunha pantalla e dar valor ao criterio do público, que novamente decidirá cos seus votos a curta gañadora.
O xoves 7 de agosto, ás 20 horas, no Cine Ribadeo, terá lugar a proxección das oito curtametraxes. O venres 8 de agosto, tamén ás 20 horas, no Teatro de Ribadeo, celebrarase a Gala Final, onde se desvelará o proxecto gañador. Ambas xornadas contarán coa presenza da actriz galega Mabel Rivera, madriña desta edición, quen xa presentara unha curta no Festival e que agora regresa para entregar o trofeo e acompañar ao público. Rivera é unha figura clave do cine e da televisión en Galicia, cunha recoñecida traxectoria en películas como Mar Adentro, pola que recibiu o Premio Goya á Mellor Actriz de Reparto.
A Gala Final incluirá tamén a actuación musical do grupo ribadense Kornucopia, que combina pop, folk e música tradicional cunha posta en escena enérxica e cercana, sumando así música en directo á festa do cine curto. Ademais, como novidade este ano, o Festival contará coa presenza da creadora de contido Prado Rúa, divulgadora cultural en galego que dinamizará as alfombras vermellas e photocall de ambas xornadas, ás 19:30 horas, achegando así o evento ás redes sociais e aos seus máis de 45.000 seguidores.
O equipo organizador, a asociación Areas Movedizas, está formado por catro profesionais do sector audiovisual, cun impulso renovado, experiencia en diversos departamentos do cine e o obxectivo de manter Ribadeo como punto de encontro entre cineastas: Carme Rodríguez, Gloria González, Mónica Arnanz e Sergio García-Ramos. Nesta cuarta edición, o Festival presenta tamén unha nova identidade gráfica desenvolvida polo deseñador Manu Cajal, mantendo como protagonista a súa mascota O Mariñán, diseñada por Elvira ELR e que xa se converteu nun símbolo recoñecible do proxecto. A sinerxía co tecido económico e social da vila tamén se reforza, contando co apoio da Xunta de Galicia, Concello de Ribadeo, Hotel Aduana, Cine Ribadeo e Delira Gastronómica, institucións e colaboradores que fan posible o Festival.
Co obxectivo de consolidar os valores principais do proxecto e preparar o camiño cara á celebración do seu quinto aniversario, o Festival de Cine Curto de Ribadeo aposta por seguir medrando sen perder a autenticidade coa que naceu: crear un espazo para o cine feito dende aquí, con amor polo audiovisual e polas persoas que o fan e o desfrutan.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



