Viveiro, 29 de xullo de 2025. A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, deixou hoxe en evidencia a incapacidade de Pedro Sánchez á hora de conseguir sacar adiante os Presupostos Xerais do Estado contrapoñéndoa coa eficacia e a xestión de gobernos do PP que, tanto na Xunta como en moitos concellos, si son quen de aprobar e executar ano a ano as súas contas.
“Viveiro aprobou a semana pasada os seus Orzamentos, sen ningún voto en contra, e Galicia xa ten en marcha os Orzamentos de 2026, que se todo vai ben entrarán en vigor por décimo sétimo ano consecutivo en tempo e forma”, explicou incidindo en que “algo que debería ser o normal estase convertendo en excepcional nun bo número de administracións encabezadas por PSOE e BNG”.
Paula Prado fixo estas declaracións esta mañá durante a visita que realizou a Viveiro xunto á presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, o senador José Manuel Balseiro, deputados autonómicos e concelleiros populares, que foron recibidos pola alcaldesa Mariña Gueimunde. Sobre esta última precisamente destacou que é unha das 30 alcaldesas que fan do PPdeG o partido con máis mulleres rexedoras de Galicia.
“Nos cinco meses que vai cumprir sendo alcaldesa xa se converteu nunha referente da Mariña lucense”, engadiu ao tempo que enxalzaba a Gueimunde como “unha muller valente, con ganas de cambiar as cousas, que defende aos seus veciños e que é un gran exemplo para todas as mulleres que traballan en política”.
Para a número dous dos populares galegos, tanto a rexedora viveirense como o resto de alcaldes e alcaldesas que “tinguen de azul máis da metade dos concellos de Galicia” son a constatación de que “fronte aos pactos de perdedores de PSOE e BNG, a gran maioría dos concellos con estabilidade e xestión, sen sobresaltos nin liortas, son os liderados polo PPdeG”.
ELENA CANDIA: “NON TODOS SOMOS IGUAIS”
A presidenta provincial do PP de Lugo quixo afondar tamén nesta idea, asegurando pola súa banda que o proxecto dos populares márcase como obxectivo “liderar as institucións para traballar por todos coa templanza e a serenidade que precisan os grandes cambios co compromiso e coas ganas que representan alcaldes e alcaldesas como Mariña Gueimunde”.
Elena Candia amosouse convencida de que “a forza, a responsabilidade e o acerto constituirán a liña de traballo” da alcaldesa de Viveiro e, á súa vez, reflexan que “non todos somos iguais”. Algo que os veciños deste concello, ao igual que os do resto de concellos da provincia, saben ben da man do PSOE e do BNG.
“Hoxe reivindicamos a política de compromiso e de feitos do PPdeG fronte aos pactos en despachos e as promesas incumpridas do PSOE e fronte a un BNG centrado en todo menos en traballar para todos”, concluíu.
O CAMIÑO DO QUE VIVEIRO “NUNCA DEBEU PERDERSE”
A alcaldesa aproveitou a visita para facer un chamamento á unidade e ao traballo colectivo para “volver ao camiño do que Viveiro nunca debeu perderse” e “deixar de lado o partidismo e pensar en que neste concello hai veciños e veciñas que precisan de apoio e de investimentos”.
Referiuse así tanto á Deputación de Lugo como ao Goberno central, que, en contraposición á aposta do Goberno de Alfonso Rueda, acumulan anos de desleixo con este concello. “Necesitamos que, ao igual que temos o apoio do PPdeG e do PP de Lugo, poidamos contar co respaldo de todas as administracións para que Viveiro volva ter o que lle corresponde e merece”, concluíu neste sentido.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



