Vivimos nunha sociedade capitalista, xa o sabemos. Mais ata hai pouco, era normal no imaxinario da xente pensar que o capital procuraba ganancias, pero dentro dun orde. Por exemplo, admitíase, aceptábase a explotación como contraprestación do uso do capital, pero non a mentira. De feito, a grandes trazos, poderíase dicir que é o que recolle a lei.
Pero dende hai tempo é común o coñecemento –sábese, por máis xente e de xeito cada vez máis evidente- que o capital procura inversión para os seus excedentes, o que vai na vía de xerar aumentos de prezos con eses excedentes, e con eses aumentos, tamén aumento das ganancias, provocando escaseza. Tamén, tenta aumentar o campo posible de inversión, de ocupar o que previamente son terreos comunais, sexan metafóricos ou reais. Dende os chamados ‘cerramentos’, que significaron converter zonas de aproveitamento comunal en zonas privadas por apropiación por parte de xente con poder, ou o tentar apoderarse doutro tipo de bens comunais como son os acuíferos, por poñer dous casos relacionados con bens tanxibles, a despoxar á xente do manexo libre dos cartos para obrigarnos a deixar que o seu fluxo beneficie a terceiros que pasan a ter o poder de controlalos. É dicir, tamén, facer que os cartos pasen de xeito obrigado a ser ‘aproveitados’ por outros. Enténdase, o de ‘de xeito obrigado’ vai polos administrados que temos que cedelos e pagar por elo, de xeito obrigado, como ‘clientes’, como cando non se poden facer pagos á ou dende a administración se non é polo banco, mesmo a través dunha conta. Ou cando a administración deixa que as empresas privadas, aproveitando o seu poder, moito maior que o dos seus usuarios/clientes, fagan o mesmo.
Pois ben, na conquista de terreos para os negocios (léase ‘lucro’) quedan aínda terreos indómitos, como o aire que respiramos ou a auga que bebemos. Para esta, nalgúns lugares, xa hai que deixar o anterior en entredito, como esta mesma semana remata de quedar patente na Arxentina. Tamén entran como conquistables os servizos públicos, sexan sanidade, educación ou pensións das que se tenta privatizar a súa xestión (ou sexa, de novo aproveitar cartos de todos para lucro particular). Estes últimos, como inmateriais, a máis de ter sempre a seguridade da súa necesidade e apoio social de último recurso (o de ganancias privadas, socialización de perdas), son vistos de conquista máis doada. Así o é dende o desenvolvemento da propaganda e a defensa da mentira concluída a partir de verdades nesgadas mediante estudos ad-hoc pagados de xeito interesado por quen ten intereses neses campos. Un exemplo proporciónao FEDEA (ver os ‘membros protectores’ na súa páxina web, https://fedea.net/miembros-protectores/, despois de definirse como ‘fábrica de ideas’) co tema das pensións e a súa presunta falta de sostibilidade, que se pode rastrexar que ven sendo predita dende hai unhas tres décadas para dez ou quince anos máis adiante. É dicir, estaba prognosticada xa para antes da crise de 2008. Mais, aínda co traspaso de cartos da seguridade social ós bancos para o seu ‘salvamento’ pos crise (eses cartos que ían devolver, pero que se quedaron engrosando as ganancias), a pesar das influencias para lexislar en contra, a pesar das ‘previsións’, non se ten cumprido a ruína das pensións. E mira que se leva tirado contra do sistema e favorecido ás ‘pensións privadas’ por parte de determinados gobernos…
Por certo, un par de cousas:
Se as pensións públicas son insostibles, como é que queren facer negocio coas pensións, manténdoas e máis obtendo lucro privado?
Temos escoitado diversas advertencias do estilo da insostibilidade das pensións tendo como fonte FEDEA. Esta entidade ten un estudo que di que por cada ano de retardo na xubilación, aumenta un 38 % a probailidade de morte entre 60 e 69 anos (https://bit.ly/3AEMX25). Alguén escoitou falar del?


















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



