Con máis de 141.000 noites rexistradas e case 76.000 visitantes (+4,5%), a zona é un destino de referencia no conxunto da oferta turística da comunidade
Ribadeo, 16 de agosto de 2025. “A Mariña lucense consolídase como destino de referencia dentro da oferta turística de Galicia”. Así o puxo de manifesto o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, que hoxe visitou Ribado con motivo das Festas de San Roque. Segundo salientou, “a comarca rexistrou un incremento do 9,4% no número de pernoctacións realizadas durante o primeiro semestre do ano, ata as 141.607 noites, e recibiu 75.869 visitantes entre xaneiro e xuño, un 4,5% máis que no mesmo período de 2024”.
Por mercados, os turistas procedentes do ámbito nacional que visitaron a Mariña Lucense nestes primeiros seis meses supuxeron o 85% do total, mentres que o restante 15% foron de procedencia internacional.
Os bos datos turísticos do xeodestino alíñanse coas cifras do total da comunidade. Durante o primeiro semestre, Galicia sumou un 4,5% máis de visitantes, ata os 2,9M. Ademais, ao incrementar un 3,8% as noites rexistradas, acadou as cifras récord de 4,9M de pernoctas. Crece especialmente o mercado internacional, cun 5,5% máis, ata os 1,17 millóns de turistas -case o 40% do total de visitantes-. O impacto económico ascendeu aos 165M€, un 4,3% máis, coa rendibilidade sumando un 8,7%.
As cifras supoñen ademais un avance na estratexia de desestacionalización da Xunta, con incrementos dun 6,7% de visitantes en xuño un 4,3% en xaneiro e un 3,1% en febreiro.
Xosé Merelles participou hoxe na misa solemne na capela de San Roque en Ribadeo. A celebración é un dos puntos centrais das festas de San Roque, patrón da localidade con Santa María de Campo. Merelles recoñeceu a relevancia das festas locais para a oferta turística na comunidade, valorándoas “como un reclamo único” e destacando “a importancia da implicación local para o desenvolvemento do evento”.



























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



