Ribadeo, 22 de agosto de 2025. Acisa organiza unha nova edición do Mercado de Rúa. A cita terá lugar os días 23, 24, 30 e 31 de agosto, convertendo as rúas de Ribadeo nun gran escaparate comercial aberto a todo o público.
Segundo anunciou a presidenta do colectivo empresarial, Carmen Cruzado: “en Acisa Ribadeo organizamos este ano unha nova edición do Mercado de Rúa, unha iniciativa na que os establecementos participantes sacarán os seus produtos á rúa para ofrecer aos seus clientes os mellores descontos e promocións especiais. Esta actividade enmarcase dentro da programación de O noso comercio é vida, vive Ribadeo, que forma parte do proxecto da Xunta de Galicia O teu comercio é extraordinario. Esta será unha moi boa ocasión para facerse con artigos de tempada a prezos espectaculares”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “a piques está de ir rematando o verán e polo tanto de ter que baleirar as tendas dos artigos desta tempada e darlle visibilidade aos de outuno-inverno. Por iso quixemos facer esta actividade, nestas dúas ultimas fins de semana de agosto co remate final das rebaixas e as liquidacións de stocks de moitos negocios, e que sirva tamén para que os clientes poidan ver e mercar xa, produtos da nova colección. Ademais sabemos que esta actividade sole ser moi atractiva tanto para os comerciantes coma para os clientes e é un xeito tamén de achegarlle a experiencia de compra mais áxil e cómoda”.
Cruzado Iglesias contou que “a longo destas xornadas, numerosas tendas participarán achegando unha ampla variedade de produtos de moda, complementos, decoración, regalo e moito máis, sempre coa calidade e a atención próxima e personalizada que caracterizan ao comercio local, sinais de identidade que marcan a diferenza coas grandes plataformas de venda online. Acisa traballa por e para as súas asociadas e asociados, eses negocios que crean emprego, que fan polo pobo e que pagan os seus impostos todo o ano en Ribadeo”.
Os locais participantes no Mercado de Rúa de Acisa Ribadeo son: Anais, Serendipia, Mimimó, Farfala, Sanjurjo, Esprit, Mika, For Friends, La Coqueta, Perseidas, Pequerrechos, Susana Kempes, Siñeiro, Bombones Moreno, Quero Colo, Bahía, Adele, Fauna, Miss-Tic, Glass, Grisi e A Flote”.
Pérez Prada engadiu que “con esta actividade Acisa busca dinamizar o comercio local, sen necesidade de contar con ninguén de fora, poñéndoo en valor fronte a outras propostas temporais, ofrecer novas oportunidades aos negocios asociados e animar tanto á veciñanza como ás persoas visitantes a gozar dunha experiencia de compra diferente nas rúas da vila”.
O Mercado de Rúa conta co apoio da Xunta de Galicia, o patrocinio de Discosta Norte e a colaboración do Concello de Ribadeo “aos que lles reiteramos o noso agradecemento”.
Na presentación desta campaña participaron Carmen Cruzado, Trinidad Otero e Jesús Pérez.
Domingueo en Ribadeo
O xerente de Acisa comentou que “este domingo para completar eta actividade, contaremos ademais cun novo Domingueo en Ribadeo. Trátase nesta ocasión dun domingueo en movemento xa que dende as 12:30 horas polas rúas da vila actuará a charanga Bicoia, chegada desde Ourense, co fin de animar unha maña de domingo de compras, terraceo e vermuteo en Ribadeo”.
Vacacións a Canarias
A presidenta de Acisa lembra que “nos preto de 170 establecementos asociados os clientes poden facerse coas rifas para o sorteo presencial que realizaremos o 31 de agosto no Cantón dos Moreno dunhas vacacións a Gran Canaria. Queremos especialmente, recórdalle aos clientes que poden e deben pedir as súas rifas polas compras ou consumicións que fagan nos establecementos participantes. Son días de moito traballo para comercios, bares e restaurantes e nalgunhas ocasións poden esquecerse de ofrecelas, polo tanto queremos dicirlle á clientela que non teñan vergoña en pedilas, xa que para iso as facemos, para que se entreguen e se repartan entre toda a clientela do comercio e da hostalería de Ribadeo, así coma os multipases cos que poden gozar de moitas posibilidades ata finais deste mes de agosto”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


