Luz verde á adxudicación das obras de rehabilitación do firme de 6 vías provinciais ao seu paso polos concellos do Saviñao, Pantón, Barreiros, O Corgo e Navia de Suarna
Lugo, 29 de agosto de 2025. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres investimentos que ascenden a 905.843,87€ para continuar mellorando a mobilidade da provincia. Estes fondos inclúen a rehabilitación do firme de 7 estradas provinciais do concellos de Palas de Rei, O Saviñao, Pantón, Barreiros, O Corgo e Navia de Suarna e a contratación dos servizos de mecanizado do Parque Móbil da institución provincial.
Por unha banda, aprobouse a licitación por case 95.000€ do acondicionamento dun tramo urbano da LU-P-2901 ao seu paso polo concello de Palas de Rei. Con este investimento arranxarase un treito de 816 metros que vai desde o cruce coa N-547 ata o final da rúa Agro do Rolo. Esta actuación, que se inclúe no convenio de colaboración que asinou recentemente o Presidente da Deputación, José Tomé Roca, co Alcalde do municipio, Pablo Taboada Camoira, comprende tamén a cesión deste tramo.
As obras, que contan cun prazo de execución de 3 meses, afectarán ao treito que vai do punto quilométrico 35,180 ao 35,996 e consistirán na mellora da drenaxe, no afirmado e na sinalización.
Por outra banda, a Xunta de Goberno acordou a adxudicación das obras de acondicionamento de 6 estradas provinciais ao seu paso polos municipios do Saviñao, Pantón, Barreiros, O Corgo e Navia de Suarna:
– Con 118.000€ a empresa Fevisa Vías y Obras SL encargarase do proxecto que inclúe a rehabilitación do firme en diferentes tramos de tres vías provincias que unen O Saviñao con Pantón. Concretamente, mellorarase preto dun quilómetro -do punto 12,000 ao 12,980- na LU-P-4102, que vai de Ferreira a Currelos desde a Nacional 120 á autonómica LU-611, á altura de Escairón; e nesa mesma estrada -do punto 6,165 ao 11,020- realizarase a reposición da sinalización desde o límite intermunicipal e á altura da Páxara, no cruce co corredor. Este proxecto comprende tamén a rehabilitación por tramos da LU-P-3202, de Monforte a Currelos; e da LU-P-3208, que vai de Seoane a Pol por Cinsa. As obras destas dúas vías, de especial importancia para a comunicación da comarca da Ribeira Sacra, consistirán na reapertura de cunetas, na pavimentación e no repintado. O prazo de execución destes traballos unha vez se inicien é de case 3 meses.
– Con 206.355,82€ a empresa Construcciones Isidro Otero SL realizará os traballos de mellora do tramo inicial da LU-P-0610, que é a estrada que enlaza as praias de Altar, Reinante e a glorieta das Catedrais, en Barreiros. As actuacións afectarán a algo máis dun quilómetro e medio do tramo urbano -desde o punto 0,150 ao 1,422- e consistirán na reapertura das cunetas, melloras na drenaxe e o alumeado público, pavimentación con aglomerado en quente, sinalización e equipamento. O prazo de execución das obras é de 3 meses.
– Con 140.942€ a empresa Francisco Gómez y Cía SL encargarase dos traballos de mellora dun novo tramo do cinto comarcal, a LU-P-1611, á altura do Corgo. Concretamente, con cargo a este investimento, a Deputación acondicionará algo máis dun quilómetro e medio entre Camposo e Pacios -desde o pq 9,020 ao 10,725-. Os traballos consistirán na reapertura de cunetas, na repavimentación con aglomerado en quente, no pintado da vía e na reposición da sinalización vertical. O prazo de execución para estas obras é dun mes e medio.
Este proxecto dá continuidade a outras actuacións planificadas pola institución provincial no cinto comarcal como: os traballos de mellora en dous tramos á altura de Begonte e Castro de Rei nos que a Deputación investiu 375.000€; ou as obras da nova ponte do río Azúmara, adxudicadas recentemente por case 650.000€, que afectarán a un tramo de algo máis dun quilómetro -do punto 106,5 ao 107,887-.
– E con 324.772,05€ a empresa Hordescón SL encargarase dos traballos de mellora da LU-P-3506, a vía que conecta Louxas co límite provincial de Asturias por Valdeferreiros, en Navia de Suarna. As obras, que contan cun prazo de execución de case 3 meses unha vez comecen, consistirán na reapertura de cunetas, aglomerado en quente da vía e sinalización horizontal e pintado mediante marcas reflexivas brancas.
Por último, no que ten que ver co mantemento e a conservación das estradas provinciais, a Xunta de Goberno aprobou a licitación por 21.000€ do contrato do servizos de mecanizado do Parque Móbil da institución provincial. Con este contrato, que terá unha duración inicial dun ano e poderá prorrogarse ata un máximo de catro, a institución provincial garante a dispoñibilidade de medios técnicos necesarios para realizar reparacións e melloras nas estradas provinciais.
Servizo de mantemento da maquinaria na Granxa Gayoso Castro
Finalmente, na reunión desta mañá aprobouse a licitación por 18.000€ do contrato do servizo de mantemento e reparacións de tractores e maquinaria na Granxa Gayoso Castro da Deputación. Con este contrato, que será dun ano e poderá prorrograrse anualmente ata un máximo de catro, a institución provincial garantirá o correcto funcionamento dos equipos e as condicións de seguridade das persoas que os empregan.




















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



