Dotar de enerxía eléctrica o Punto Limpo, regular o calendario de recollida de enseres e crear o servizo de Punto Limpo Móbil polas parroquias son algunhas das medidas recollidas na mocion que levarán ao pleno da vindeira semana
O Valadouro, 30 de agosto, 2025. Os concelleiros do Grupo Municipal do BNG de O Valadouro, Eduardo Chao e Eliseo Teijeiro, facéndose eco de diversas demandas veciñais vén de presentar unha moción para debater no próximo pleno con varias propostas para mellorar a recollida de lixo e a xestion dos residuos no concello.
Suministro de enerxía eléctrica para o Punto LImpo
Unha das propostas é dotar de suministro eléctrico o Punto Limpo, situado no p.k. 13,5 da estrada LU-152, e que dá servizo aos concellos de O Valadouro e Alfoz, construído no ano 2003 cos Fondos de Cohesión da Unión Europea e que según a propia normativa debe contar co equipamento adecuado para a recepción, separación selectiva e almacenamento temporal de resíduos. “É incomprensible como unha instalación deste tipo e tan importante para a xestión de resíduos está sen enerxía eléctrica” afirman os concelleiros nacionalistas.
Calendarizar a recollida de enseres para o Punto Limpo e publicitala debidamente
Referida tamén ao Punto Limpo, desde o BNG proponen tamén que se regule e faga público un calendario no que se sinalen os días e horas de recollida de enseres para o punto limpo polos domicilios das parroquias, o que facilitaría á veciñanza poder desfacerse de voluminosos, coma colchóns, mobles, envases, restos metálicos do fogar….etc. “Este servizo é fundamental que estea ben organizado e ben publicitado, porque é a garantía dun concello máis limpo, e en algúns casos evita posibles casos de vertedoiros incontrolados”, manifestaron tamén Eduardo Chao e Eliseo Teijeiro. Os edís referíronse así mesmo ao pouco reparo que se tén no mantemento do entorno do punto limpo, pois a maleza xa non deixa ver o cartel indicativo que hai na entrada do mesmo.
O Valadouro necesita un Punto Limpo Móbil
O concello de O Valadouro non conta co servizo Punto Limpo Móbil, como contan a maioría dos concellos da contorna. Este servizo consiste nun pequeno camión que vai desprazando un gran contenedor polas diferentes parroquias temporalmente para recoller pequenos electrodomésticos, aceites industriais, lámparas, accesorios eléctricos ou pilas, entre outros. “A Consellería de Medio Ambiente é quen financia estes investimentos, polo que o Concello de O Valadouro debe iniciar xa as xestións para conseguir este importante servizo” afirman os nacionalistas.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



