Viveiro, 13 de setembro de 2025. O Concello de Viveiro presentou a III Xuntanza de Vehículos Clásicos Viveiro, que terá lugar o próximo 13 de setembro no aparcamento dos Castelos, en Covas.
A cita reunirá coches, motos e outros vehículos clásicos e conta xa con arredor de 30 participantes inscritos. O programa da xornada inclúe a recepción e inscrición á ruta ás 10:00 horas, a saída dunha ruta turística con pinchos e sesión vermú arredor das 12:00 horas, música en Discobar Flora (Area) ás 20:00 horas e unha festa na Conservera (Celeiro) a partir das 22:30 horas co grupo Sa Salvaje.
As inscricións permanecerán abertas ata o 9 de setembro nos teléfonos 699 249 738 (Sandra) e 650 652 073 (David). O prezo é de 35 euros para adultos, 20 euros para participantes de entre 5 e 15 anos, e de balde para menores de 5 anos. A inscrición inclúe unha camiseta e outros agasallos.
A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, destacou “a relevancia desta xuntanza, que non só serve para reunir a afeccionados ao motor clásico, senón tamén para dinamizar a vida social, cultural e económica do noso concello”. Así mesmo, subliñou que “eventos como este contribúen a proxectar a imaxe de Viveiro como un destino atractivo e diverso”.
O Concello de Viveiro anima á veciñanza e visitantes a inscribirse e a gozar dunha xornada que combina motor, música e actividades de lecer.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



