Viveiro, 6 de setembro, 2025. Do 15 ao 19 de setembro de 2025, a Aula Universitaria da UNED en Viveiro conmemora os seus vinte anos de traxectoria cun ciclo de conferencias abertas ao público, organizadas coa colaboración do Concello de Viveiro e a UNED de Lugo.
O programa inaugúrase o luns 15 de setembro ás 17:00 h cun acto institucional presidido por Ana Traseira Pena, directora do Centro UNED de Lugo, e Carmen Gueimunde González, alcaldesa de Viveiro.
A continuación, e durante toda a semana, celebraranse conferencias sobre temáticas de actualidade e interese social, que se poderán seguir de forma presencial ou en liña (en directo ou en diferido). Os relatorios abranguen desde a desinformación climática ata a mediación de conflitos, pasando pola historia de Galicia, o turismo sostible e a gastronomía como motor de desenvolvemento.
Programa destacado:
– Luns 15: Bulos climáticos, con Paula Fernández Moure, bióloga ambiental
– Martes 16: Cara a un turismo sostible, realista e viable, por Paloma Vázquez Fernández, xefa da Área Provincial de Turismo
– Mércores 17: O Reino de Galicia na Idade Moderna (en galego), por Rubén Castro Redondo, doutor en Historia Moderna
– Xoves 18: Por que resolver os conflitos a través da mediación?, con Jorge Lorenzo Neira Rodríguez, avogado e mediador do ICALP Lugo
– Venres 19: Alimentación e gastronomía para o desenvolvemento local, con Lucas Requejo Fernández, emprendedor social e director de Prato_Todo
A matrícula é gratuíta e xa está dispoñible na web da UNED Lugo. A actividade está dirixida a todas as persoas interesadas e contribúe aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, promovendo o coñecemento e o compromiso co territorio.























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



