Antonio Ameijide afirma que na xunta de goberno do pasado venres o presidente da Deputación deu luz verde a case 400.000€ en dous convenios co Concello de A Pontenova: “a forma que ten Tomé de seguir sentado na presidencia da Deputación de Lugo e na secretaría xeral do seu partido é pagar a cota imposta polos alcaldes do PSOE”
Lugo, 16 de setembro de 2025. Un xunta de goberno provincial máis, José Tomé segue a pagar “o imposto revolucionario, a cota imposta polos alcaldes socialistas da provincia” para que o presidente da Deputación “siga unha semana máis a fronte da institución provincial e á fronte do seu partido na provincia.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que o pasado venres aprobáronse dous novos convenios cun concello gobernado por un alcalde socialista, un por valor de 137.151,71€ e outro por valor de 250.000€ “curiosamente este último convenio por un importe coincidente cos últimos asinados con outros municipios gobernados por socialistas, confirmando así o imposto revolucionario que os rexedores do PSOE impuxeron a Tomé para que seguise á fronte da Deputación e do partido”.
Unha práctica que Antonio Ameijide condena totalmente: “non se pode permitir, baixo ningún concepto que Tomé satisfaga os seus intereses persoais cos cartos de todos os lucenses confirmando así que creou un ‘Plan Deputación B’ para seguir ocupando os sillóns que ocupa”.
O voceiro popular aproveita para recordar que “unicamente son os concellos gobernados por PSOE e BNG” os que se benefician dos convenios aprobados cada ventes en xunta de goberno xa que “non hai nin un € para máis da metade dos municipios da provincia, xustamente aqueles gobernados por alcaldes do Partido Popular”. “José Tomé non para de reclamar igualdade, unha igualdade que el mesmo quere demostrar que só é para os alcaldes do PSOE”, criticou.
Antonio Ameijide insiste en que “non criticamos que se colabore con concellos gobernados por PSOE e BNG, senón que o que criticamos é que só se colabore con eses municipios porque todos os concellos necesitan deses fondos”. “O sectarismo do que José Tomé fai gala cada día é o que o levará a afundirse aínda máis porque as vontades que se compran non duran no tempo, os mercenarios marchan cando se acaban os cartos”, sentenciou.
Os deputados Grupo Provincial Popular seguen a denunciar “a falta de igualdade e a arbitrariedade” coa que PSOE e BNG empregan os cartos da Deputación, “é dicir, de todos os lucenses” para axudar “única e exclusivamente aos concellos dos seus ‘amiguetes’, aqueles gobernados polas súas mesmas cores políticas”: “Está a xerar un Plan Deputación B no que unicamente colabora con alcaldes socialistas, unha cota para manterse na presidencia da Deputación”.
Ademais destes convenios con A Pontenova, dende o Grupo Provincial Popular recordan como a semana anterior aprobáronse en xunta de goberno provincial dous convenios, para os concellos de Vilalba e Pedrafita do Cebreiro, por máis de medio millón de euros, concretamente 262.977,50€ para o Concello de Vilalba e 249.000€ para o Concello de Pedrafita do Cebreiro.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



