A conselleira do Mar puxo en valor que estas, e outras accións que están en proceso de deseño ou elaboración, son froito das aportacións das entidades sectoriais no marco do modelo de cogobernanza da xestión pesqueira na comunidade
Santiago de Compostela, 17 de setembro do 2025. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu hoxe unha xornada de traballo con representantes das federacións galegas e provinciais de confrarías de pescadores para analizar e facer seguimento das medidas impulsadas polo Goberno galego no ámbito pesqueiro. Así, a responsable autonómica, acompañada pola secretaria xeral Técnica, Marta Barreiro, polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Vázquez, fixo un repaso das actuacións en curso e o grao de tramitación das iniciativas comprometidas.
Marta Villaverde abordou cos máximos representantes da pesca galega a modificación do decreto polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos, e técnicas permitidas para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas da comunidade. A finalidade deste cambio normativo é actualizar e optimizar a regulación dos horarios de marisqueo e, así, garantir o control e sustentabilidade dos recursos e unha xestión e explotación máis eficiente dos mesmos.
Na actualidade, a normativa establece que o horario de traballo do marisqueo a pé comprende desde dúas horas e media antes ata dúas horas e media despois da baixamar diúrna, tendo como tope as 18.00 horas. Coa nova redacción, queda comprendido entre as 6.00 ata as 18.00 horas cunha duración máxima ininterrompida de 5 horas. Dito horario deberá concretarse posteriormente nas solicitudes para o desenvolvemento da actividade que efectúen as entidades titulares dos correspondentes plans de xestión.
Por outra banda, foi analizado o borrador da orde de comercialización de excedentes marisqueiros. A titular de Mar recordou que o departamento autonómico leva tempo traballando nesta normativa, que xa que foi recollida na Lei de medidas fiscais e administrativas que acompañou ás contas autonómicas, e que agora encara o seu desenvolvemento regulamentario. O obxectivo é a súa ordenación e aplicación baixo criterios uniformes á vez que aportar transparencia na forma en que cada unha das entidades realiza a xestión de excedentes.
Mariñeiro pescador
O encontro serviu unha ampla variedade de asuntos de interese para o sector pesqueiro na comunidade. Entre elas tamén destaca a nova orde que regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente. Nesta ocasión, preténdese reducir a carga lectiva dos cursos de mariñeiro pescador, imprescindibles para o desempeño profesional, das 50 horas actuais ata as 23 horas que establece a normativa estatal. Unha proposta que ten como finalidade fortalecer a competitividade do sector.
Marta Villaverde enmarcou esta xornada no modelo de cogobernanza da xestión pesqueira en Galicia. Nesta liña, recordou que todas estas medidas son froito do diálogo fluído co sector, e que serven para dar unha resposta eficaz ás demandas trasladadas polas entidades sectoriais. Tamén deu conta do punto no que se atopan o deseño e elaboración doutras iniciativas nas que o departamento autonómico continúa traballando e serán abordadas novamente en vindeiros encontros. A responsable autonómica subliñou que este traballo no ámbito normativo amosa o compromiso da Xunta no reforzo da competitividade e sostibilidade da actividade pesqueira.



















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



