A instalación das novas balizas láser, para mellorar a visibilidade do treito durante os episodios recorrentes de néboa, segue pendente a pesar de que en 2021 se seleccionou esta solución técnica
Lugo, 22 de setembro de 2025. Os senadores do PP lucense -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- cuestionan que a “desmesurada recadación” que o Goberno de España está ingresando como resultado das sancións que impoñen os radares no tramo do Fiouco, na autovía do Cantábrico (A-8), non se estean a traducir en novos investimentos para mellorar a seguridade das vías.
O senador mariñán, José Manuel Balseiro, lembra que, “desde o ano 2021, agardamos pola instalación das novas balizas láser” que permitirían mellora a visibilidade deste treito da autovía A-8 ante os recorrentes episodios de néboa que sufre. “Seguimos sen avances, co proxecto nun caixón”, a pesar de que hai 4 anos o Goberno explicaba que escolleron esta tecnoloxía de guiado tras avaliar diferentes solucións técnicas a implantar nese punto negro da autovía lucense.
Os “ingresos excepcionais” que o Goberno recibe por estas sancións tampouco repercuten na mellora da estrada N-634, que serve de itinerario alternativo cando a autovía pecha ao tráfico por deficiente visibilidade. Na Mariña “hai un clamor social e unanimidade política” ante a necesidade de intensificar as tarefas de conservación e mantemento nesta estrada nacional, que soporta unha elevada carga de tráfico. Balseiro lembra que o asfalto desta vía de titularidade estatal presenta deterioro e tamén son necesarias outras melloras en materia de iluminación, nos carrís de adiantamento e no trazado ou reforzar o peche que impide que entren animais na vía.
O RADAR QUE MÁIS MULTA
Balseiro lembra que o paso da autovía A-8 polo alto do Fiouco “atesoura tamén outros récords moi negativos”, como é o caso de ser o treito viario que máis peches rexistra de España, aínda que se viron reducidos os últimos anos coas novas balizas de sinalización, que en todo caso son insuficientes para evitar accidentes. “A isto hai que engadir que volve a confirmarse que ten os radares que máis multan na provincia e, probablemente, do conxunto de Galicia”.
De feito, o Goberno de España confirmaba, en resposta oficial aos senadores populares lucenses, que o sistema de control da velocidade instalado por Tráfico na autovía do Cantábrico “recada máis de un millón de euros cada ano, con 17 sancións diarias de media”. A autovía A-8 ao seu paso polo alto do Fiouco conta hoxe con dous radares de tramo, un no quilómetro 550,200, en Mondoñedo, cunha lonxitude de 4.633 metros e outro, na dirección contraria, no punto quilométrico 545,115, entre Abadín e Mondoñedo, cunha lonxitude de 5.116 metros. As sancións teñen que ver con excesos de velocidade neses tramos.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



