Os dados non enganan. Dende a asunción por Núñez Feijóo, en abril de 2009, do goberno deste país, a desigualdade medrou moi substancialmente e, ao tempo, tamén medrou na Galicia a pobreza.
No 2008, derradeiro ano xestionado na súa integridade polo goberno de coalición BNG-PSdeG, Galicia constituía o territorio do Estado máis igualitario, só despois da Rioxa, Aragón e Nafarroa, segundo dados dunha equipa interuniversitaria de distintas Universidades de diversos lugares do Estado. No 2022 só as Illes, Canarias, a Rexión de Madrid e máis Catalunya presentaban máis desigualdade, mentres o 1% de galegos máis ricos posúe o 28,6 % da riqueza do país, só superada no Estado pola Rexión de Madrid, onde ese 1% posúe o 34,6% da riqueza rexional.
Por outra banda, segundo o IGE, as 9000 persoas con patrimonios persoais máis abastados (0,33% da poboación) posuían no 2023 patrimonios que por xunto acadaban os 67.894 M€, cun incremento do 113% a respecto dos 31.228M€ que posuían por xunto no 2013. As rendas do traballo na Galicia acadaron no 2024 só o 44% (o 60% na Francia, por exemplo ou o case o 48% do conxunto do Estado) fronte ao 56% das rendas do capital (52% no 2009).
Indubidabelmente na Galicia existen fortunas persoais importantes, que medran progresiva e substancialmente por mor da súa capacidade de información de oportunidades de negocio e diversificación de investimentos. A saída a bolsa de Inditex ou Fadesa hai máis de vinte anos xerou unha mesta rede de patrimonios e Galicia, con só o 5,5% da poboación, ten inserido na listaxe das dez maiores fortunas do Estado tres e até catro nomes, o que determina un nesgo bastante rechamante. Mais teño para min que a clave da desigualdade que medra non se explica só nesta circunstancia.
A deterioración das rendas salariais sufriu nomeadamente durante a Grande Recesión (2009-2014), mais tamén co proceso inflacionista posterior a 2021, nomeadamente destrutor da capacidade de adquisición de bens e servizos das clases medias e traballadoras nos ámbitos da enerxía, alimentos frescos e- por riba de todo hoxendía- a vivenda. Ao tempo, malia a introdución da actualización das pensións no IPC éstas seguen a ser baixas na Galicia, por ter sido históricamente baixos os nosos níveis salariais.
Neste senso, as táboas da pobreza relativa que publica a Rede Galega de Loita contra a Pobreza -EAPN Galicia-(elaboración de seu dende os dados da Enquisa de Condicións de Vida do IGE) reflicten un incremento da pobreza nomeadamente visíbel na perda de capacidade de mercar vivenda ou bens a prazos, garantir unha temperatura axeitada na moradía durante a invernía ou na posibilidade de mercar carne, polo ou peixe medida entre o 2008 e os anos 2020 a 202, malia que nalgúns medidores da pobreza relativa e da pobreza severa esta organización teña constatado indicios dunha apreciábel mellora nos dados de 2024.
Sen dúbida, outro factor fundamental na deterioración relativa das rendas salariais e dos níveis de pobreza e a tendencia á redución salarial presente dende 2009 de xeito sobranceiro na privatización dos servizos públicos, que reduciron as rendas salariais reais e precarizaron os traballos, moi principalmente, malia que de ningún xeito exclusivamente, no sector dos coidados á terceira idade e á dependencia.
As sociedades máis desiguais son as máis inxustas, as menos democráticas e libres e-tamén- as máis ineficientes.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



