A Plataforma Sanitaria da Mariña continúa coa mesa de recollida de sinaturas pola falta de médic@s nesta nova localización
A Mariña, 27 de setembro de 2025. A Plataforma Sanitaria na Defensa da Sanidade Pública da Mariña convoca a súa concentración quincenal pola falta continuada de persoal sanitario, nomeadamente médic@s de familia e pediatra para o xoves 2 de outubro ás 11.30 horas. O colectivo cambia a ubicación á Praza do Concello, centro neurálxico e de reunión da sociedade viveirense .
Coincidindo coa concentración instalarase a mesa de recollida de sinaturas pola falta de médic@s que se iniciou o pasado mes de setembro con moi boa acollida por parte da poboación de Viveiro e doutras localidades veciñas. O documento está dirixido ao conselleiro de sanidade, “máximo responsable da sanidade galega e polo tanto culpable, xunto co goberno do PP da perda de servizos sanitarios que está a sufrir Viveiro e A Mariña, que levan moito tempo sen que a asistencia sanitaria esté garantida”.
Segundo comenta Samuel Bouza, o déficit de sanitari@s no centro de saúde de Viveiro “non só afecta a esta localidade, senón que se extende ás poboacións veciñas de Ourol e Vicedo, tamén moi deficitarias en servizos sanitarios estando a mobilizarse mensualmente desde hai case dous anos no caso do Vicedo, xa que é Viveiro quen ten que absorber a sobrecarga que lles supón ter que atender as urxencias destas localidades cando faltan @s médic@s”.
Desde a plataforma sanitaria da Mariña “animamos a todas as e os veciños de Viveiro e en xeral da Mariña a que acudan a esta concentración, ubicada desde o xoves 2 de outubro na Praza do Concello e a que asinen estas demandas”, explica Montse Porteiro, coordinadora do colectivo que engade: “estamos diante da destrucción do nivel de atención básica, que afecta a todas as persoas poñendo en risco a súa saúde e mesmo a súa vida, pois cando os e as profesionais sanitarios non están ao completo a asistencia sanitaria non está garantida, como puido comprobarse este verán na localidade veciña de Xove”.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



