A ONU volveu ser, estes días, un intento de espello do mundo: luces, sombras e a certeza de que o multilateralismo é incómodo pero imprescindible. Desde Galicia —cun pé na Eurorrexión e outro no Atlántico— cómpre ler a cume con serenidade e ambición: celebrar o que suma, denunciar o que doe e propoñer o que falta, con humildade, dun pobo que é global.
Eu penso que ficou claro que dúas voces que empurran a conciencia global
Na tribuna da Asemblea Xeral soaron palabras que non convén pasar por alto. O presidente de Colombia, Gustavo Petro, puxo verbo á dor e á esixencia ética. Cun ton que interpelou a todos: “Quizais unha Idade de Pedra Global descendese sobre a humanidade”, dixo, ligando crise climática, migración e Gaza; e rematou esixindo acción real fronte ao xenocidio e amparo efectivo ás decisións da CIJ. Non é postureo: Colombia está ensinando que é posible mudar a política de drogas poñendo ás persoas no centro, e dicilo na ONU ten custo seguro, mais ten coraxe.
Tamén Pedro Sánchez estivo onde debía, non son eu o máximo defnesor do Presidente: defender a Carta da ONU e a legalidade internacional, tanto na guerra de Ucraína “a paz non pode lexitimar a violencia nin a alteración de fronteiras pola forza” como no novo diálogo global sobre intelixencia artificial “imparable pero non pode ser ingobernable”. España, co laboratorio da ONU en València e a proposta de foro científico, xoga un papel útil: menos eslóganes e máis gobernanza.
Cómpre dicilo claro: a administración israelí actual merece unha condena política firme polos bombardeos e pola obstrución da axuda humanitaria; así o levan lembrando expertos da ONU e boa parte da comunidade internacional. Dereito internacional, protección de civís e solución política xa. Debemos para este xenocidio.
Agora ben, condenar a un goberno non é romper cos lazos históricos, culturais e humanos con Israel nin co pobo xudeu, como moitos pretenden. Galicia leva a pegada sefardí gravada en Tui, Ribadavia, Viveiro, Coruña, Monforte e nesa memoria compartida que nos enriquece; coidala é parte da nosa identidade e non admite simplificacións. Pódese esixir alto e claro o cese da guerra e ó mesmo tempo tender pontes coas comunidades xudías, aquí e fóra. Democracia é saber facer ambas cousas á vez.
Con este pano de fondo, a mobilización torpe e simplista contra o Foro A Toxa volve poñer o foco na nosa debilidade: confundir discrepancia con boicot ao diálogo, é perigoso. O BNG chamou ao boicot polo convidado Ehud Olmert; con escaso éxito mais si con ruído. O dereito a protestar é innegociable, certo. Pero pechar espazos de conversa é un erro estratéxico e democrático: Galicia precisa foros onde escoitar e interpelar, non trincheiras. Se hai voces incómodas, máis razón para ir e debatelas con datos e lei na man. Olmert é un opositor ao actual goberno de Israel e tamén é un defensor dos dous estados, pouco se vai mudar sen contar cos propios israelís.
O que debemos facer desde Galicia–Norte de Portugal
1. Defender a legalidade internacional con voz propia: resolucións da ONU, protección de civís e pasos verificables cara á paz en Gaza, sen romper lazos co pobo xudeu nin co tecido académico e empresarial israelí que aposta polo diálogo e convivencia.
2. Aproveitar as ventás que abre a ONU en IA: València como nodo da ONU debe ter ramais na Eurorrexión (drones Rozas, naval, ciberseguridade, datos públicos), con gobernanza ética e transferencia real ás pemes.
3. Coidar e potenciar a nosa memoria sefardí como activo cultural e turístico estratéxico, nas nosas vilas. Con máis elementos que sinalización. É parte da nosa identidade para pesar do BNG.
4. Reafirmar a cultura do diálogo: en A Toxa e en calquera foro, debater duro, si; cancelar, non. A forza das nosas ideas mídese falando diante de quen discrepa, non evitando o encontro.
A cume da ONU lembrounos que hai que elixir: ou ruído ou rumbo. Eu elixo rumbo: Petro polo seu valor, Sánchez pola utilidade do multilateralismo, condenar a quen viola o dereito internacional, o goberno de Israel. E man tendida a quen forma parte da nosa historia, o pobo xudeo.
Juan Carlos Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG
Conselleiro do Partido Demócrata Europeo



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



