Olimpia López subliñou que Mondoñedo é un concello seguro e que a cooperación institucional e o civismo da veciñanza son fundamentais para manter esa estabilidade
Lugo, 8 de outubro de 2025. A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, presidiu hoxe a Xunta Local de Seguridade de Mondoñedo xunto ao alcalde, Manuel Ángel Otero, na que se abordou o operativo especial das festas de As San Lucas 2025, que terán lugar do 16 ao 20 de outubro.
O encontro serviu tamén para reforzar a coordinación entre o Concello, a Garda Civil e a Policía Local, de cara a garantir un desenvolvemento seguro e ordenado desta cita declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.
“O compromiso do Goberno de España co Concello de Mondoñedo é total, tanto no apoio operativo das festas como na educación en valores de convivencia e seguridade que se promove nos centros escolares”, sinalou López.
O operativo especial prevé reforzar a presenza da Garda Civil nas zonas de maior afluencia, así como intensificar os controis de tráfico e prevención en colaboración coa Policía Local, especialmente durante a tradicional Feira de Gando Cabalar e os concursos morfolóxicos.
Durante a reunión, Olimpia López destacou que Mondoñedo mantén moi baixos índices de criminalidade, grazas ao labor da Garda Civil e á colaboración veciñal.
A subdelegada salientou que “a seguridade é froito da cooperación entre administracións e do civismo da cidadanía”, e agradeceu o traballo dos efectivos despregados no municipio.
As San Lucas representan unha das citas máis senlleiras da tradición galega, que combina cultura, feira cabalar e dinamización económica.
A subdelegada destacou o labor da Asociación As San Lucas e do Concello de Mondoñedo por manter viva unha festa que “proxecta a identidade mindoniense e impulsa o turismo de toda a comarca”.
Seguridade cidadá no concello
Segundo a Garda Civil, a criminalidade en Mondoñedo reduciuse arredor dun 20% no primeiro semestre de 2025 en comparación co mesmo período do ano anterior, tanto en delitos graves e menos graves como en delitos leves.
Tamén se rexistrou unha diminución notable das detencións, o que confirma a tendencia positiva na seguridade cidadá e o bo funcionamento das medidas preventivas.
Plan Director nos centros educativos
No marco do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar, a Garda Civil impartiu durante o curso 2024/2025 un total de 14 sesións formativas en centros educativos de Mondoñedo.
As charlas abordaron temas como o acoso escolar, o uso seguro de internet, as adicións e videoxogos, os delitos de odio ou a seguridade viaria, co obxectivo de previr riscos e fomentar unha convivencia responsable entre a mocidade.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



