Burela, 11 de outubro, 2025. Despois dunha finde con descanso, os Pícaros retoman a competición nesta terceira xornada ligueira ante outro dos conxuntos máis esixentes da categoría, o Heredia 21 Málaga Ciudad Redonda FS, ás 18.30h no pavillón C da Cidade Deportiva Javier Imbroda de Carranque. Dous equipos que aínda non saborearan a derrota. Competido encontro cunha primeira parte dominada polo Málaga e unha segunda do Burela, que logrou remontar catro goles, pero escapáronselle os puntos nos últimos minutos con dous tantos dos malagueños, un no minuto 40.
Primeira parte do Málaga que xa anota o primeiro no minuto 1, un gol de Kiko nunha boa xogada dos andaluces. Tras varias ocasións de ambos equipos, por parte do Burela varias de Jason e unha de Izan, chega o segundo no minuto 11, un tanto de Fernando Aguilera na súa primeira saída a pista nunha situación de balón parado. Tena Pitero tras un pase de Marquinho pero despexa Álvaro Mellado no minuto 14 e no 18 chega o 3-0, segundo tanto de Kiko tras unha perda do Burela e boa transición dos locais.
Na segunda parte sae o conxunto laranxa con moi bo pé, poñéndose moi pronto en 3-1 cun tanto de Jason. Continúa xerando ocasións e con xogo intenso o Burela, unha de Izan que despexa o porteiro e outra de Charly que despexa Rafa López no 25, pero chega o 4-1 nunha situación de transición protagonizada por Nando Torres que finaliza Campano. Os Pícaros non se renden e aumentan o ritmo, con numerosas ocasións moi claras que frustra o porteiro do conxunto malagueño e finalmente logrando empatar o encontro cun primeiro gol de Meira, que aproveita un balón solto na área tras un zurdazo ao traveseiro de Jason, un segundo tanto de Pitero e o segundo de Jason que iguala o marcador no minuto 36. Pero conseguen volver poñerse por diante os locais un minuto despois nun lanzamento de falta que saca Miguel Conde e, tras un tempo morto pedido por David Rial, saíndo con xogo de cinco con Charly de porteiro-xogador non logran os burelenses o gol cunha boa defensa dos malagueños. Detén Starna o lanzamento desde os 10m de Miguel Conde tras a sexta falta e chega o sexto no último minuto cun disparo de Rafa López a portería baleira no ataque de cinco.
Ficha Técnica Heredia 21 Málaga Ciudad Redonda 6-4 Burela FS
Málaga (6): Álvaro Mellado; Miguel Conde (C), Alvarito, Diego Tosina, Kiko -quinteto inicial-, Davilillo, Campano, Nando Torres, Rafa López, Pabli, Fernando Aguilera, Pablo Ordóñez, Armando.
Burela FS (4): João Silva; Pitero, Jason, Alberto, Izan, -quinteto inicial-, Charly Meira, Marquinho, Alán, Starna (P).
Goles: 1-0, min. 1: Kiko. 2-0, min. 12: Fernando Aguilera. 3-0, min. Kiko. 3-1, min. 21: Jason. 4-1, min. 37: Campano. 4-2, min. 29: Meira. 4-3, min. 35: Pitero. 4-4, min. 36: Jason. 5-4, min. 37: Miguel Conde. 6-4, min. 40: Rafa López.
Árbitros: Daniel Navarro, Marcos Cazorla, Carlos Salvador Sánchez, Jonathan Gallego.
Incidencias: Viron tarxeta amarela, por parte do conxunto local, Rafa López e Diego Tosina. Por parte dos visitantes, Jason, João Silva e Izan.




























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.


