Viveiro, 16 de outubro de 2025. Viveiro está a acoller durante o xoves 16 e venres 17 de outubro a décima edición da “Interfederativa de Confrarías de Pescadores do Cantábrico-Noroeste”, un evento que impulsa desde hai anos a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo en colaboración coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia, e na que participan representantes das Federacións de Confrarías de Guipúzkoa, Bizkaia, Cantabria, Asturias, Lugo, A Coruña e Pontevedra, así como a Federación Galega de Confrarías.
Baixo o título ‘Reflexións sobre a pesca artesanal: sostible, rendible e con futuro’, o evento serve un ano máis como foro de debate acerca de diferentes temas de interese para a frota de pequena escala.
Abriu a xornada o presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, tamén presidente da Federación Provincial de Confrarías de Lugo, José Basilio Otero, que, ademais de dar a benvida a todos os participantes, destacou que este é o décimo aniversario do Congreso de Pesca Artesanal CNW, aproveitando para poñer en valor as decisións e encontros tan cruciais que se viviron aquí ao longo desta última década.
Durante a tarde do xoves os representantes dos depósitos galegos, asturianos, cántabros e vascos abordaron diferentes temas de interese e preocupación común para as confrarías de pescadores do Cantábrico-Noroeste, tomando como punto de partida as conclusións da última Interfederativa, que se celebrou en Burela (Lugo) hai un ano.
O Congreso, que ten lugar no Resort Las Sirenas de Viveiro, pecharase na mañá do venres cunha xornada de traballo conxunta entre representantes das Confrarías e das Administracións pesqueiras de España e as Comunidades Autónomas do Cantábrico. Esta sesión contará coa asistencia da secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Isabel Artime García; e na mesma, como é habitual, o sector expoñerá á Administración as principais conclusións derivadas do traballo do xoves.
Ademais da secretaria xeral de pesca, á xornada do venres asistirán tamén outros representantes das administracións central e autonómicas, como a directora xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura, Mª Aurora de Blas Carboeiro; o director xeral de Pesca Sostible, Ramón da Figuera Morais; o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Cándido Rial Rodríguez; o subdirector xeral de Pesca da Xunta de Galicia, Pedro Ribeiro Domínguez; o director xeral de Pesca Marítima do Principado de Asturias, Francisco González Rodríguez; o director de Pesca e Alimentación de Cantabria, Paulino San Emeterio; o viceconsejero de Pesca e Desenvolvemento Litoral do País Vasco, Leandro Azkue Múgica; e a directora de Pesca e Acuicultura do País Vasco, Ixone Soroa.
Tamén estarán presentes a directora do Instituto Social da Marina, Elena Martínez, e, por parte da Marina Mercante, a subdirectora xeral de Seguridade, Contaminación e Inspección Marítima, Ángela Pazó dos Santos; e o conselleiro técnico de Seguridade e Medio Ambiente de Galicia, Francisco Alonso.
Xa no acto de clausura e conclusións do congreso, que estará aberto á prensa e que, seguindo o mesmo formato de anos anteriores, celebrarase a partir das 12:30h, uniranse representantes municipais de Viveiro e das organizacións de pesca da provincia, como Porto de Celeiro, Armadores de Burela, OPP-77 de Celeiro e OPP-7 do Porto de Burela; ademais doutras entidades pesqueiras e económicas do eido local.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



