Ribadeo, 16 de outubro, 2025. A Asociación Española de Festivais de Música Clásica (FestClásica) celebrará a ‘Gala de entrega dos Premios Circuítos FestClásica 2026’ o venres día 17 de outubro (20:00 horas) no Auditorio Hernán Naval de Ribadeo con entrada libre ata completar aforo. A cita permitirá coñecer aos gañadores destes galardóns, que fomentan a música española e os novos proxectos nos 47 festivais que pertencen ao colectivo máis representativo do sector. O acto estará presentado por Clara Corrales (Radio Clásica – RNE). Intervirán Pere Bonet, Presidente de FestClásica; Carmen Esteban, Vicepresidenta de FestClásica; Alba Rodríguez, Directora do Festival Bal y Gay; Carmen Mayo, Directora do Festival Internacional de Música de Cámara Fundación MonteLeón; e Mario Prisuelos, Director do Festival ASISA de Música de Villaviciosa de Odón. Así mesmo, haberá unha breve actuación por parte dun dos grupos premiados. O Festival Bal y Gay, un dos membros do colectivo, exercerá como anfitrión dunha xornada que comezará en Foz coa asemblea anual de FestClásica, na que participarán representantes dos festivais integrados na asociación.
Os ‘Premios Circuítos FestClásica’ entréganse cada ano co obxectivo de dar a coñecer, cultivar e desenvolver a presenza dos intérpretes españois na rede de festivais, á vez que se fomenta a colaboración entre os festivais membros. Inclúen dúas modalidades (Selo FestClásica e Ensemble Emerxente), atendendo aos intereses dos programadores, á realidade do tecido musical en España e ao compromiso da asociación coa promoción do talento novo. Os gañadores realizarán un circuíto de concertos en 2026 por festivais socios de FestClásica, ademais de recibir unha dotación económica en concepto de axuda á produción.
UNS GALARDÓNS QUE SE CONSOLIDARON NO PANORAMA MUSICAL ESPAÑOL
O ‘Premio Selo FestClásica’ busca propiciar novas propostas musicais de proxección internacional desde a rede de festivais e exponse a modo de coprodución entre FestClásica e o grupo seleccionado, que presenta o proxecto en exclusiva neste circuíto. Nesta edición de 2026 e como novidade, o ‘Premio Selo FestClásica’ abriu a súa convocatoria a todo tipo de artistas, ensembles e agrupacións con repertorio pertencente a calquera período histórico-musical e contará cunha dotación de 6.000 euros en concepto de axuda á produción. Belén Vaqueiro & Pérgamo Ensemble conseguiu o ‘Premio Selo FestClásica 2025’. Foi o novo proxecto máis destacado na música clásica nacional con ‘A memoria onde ardía’.
O ‘Premio Ensemble Emerxente FestClásica’ pretende identificar formacións novas de talento excepcional para presentalas na rede de festivais que integran FestClásica e conta cunha dotación económica de 3.000 euros. Os candidatos deben contar cunha traxectoria conxunta de polo menos dous anos e os seus integrantes non poden superar a idade de 32 anos. Os programas que se presentan poden ser de calquera período musical, sendo obrigatoria a inclusión dunha obra de autores españois. Helix Trío, unha das formacións máis prometedoras da súa xeración, obtivo o ‘Premio Ensemble Emerxente FestClásica 2025’. Foi o grupo revelación da música clásica en España este ano presentando ‘Diálogo entre séculos’ na rede de festivais de FestClásica.
FESTCLÁSICA, UNHA PLATAFORMA ÚNICA COMO REFERENCIA DO SECTOR DESDE 2017
FestClásica conta con 47 festivais asociados de 16 comunidades autónomas. Organiza anualmente máis de 1.000 concertos con 11.000 artistas, chegando a 450.000 espectadores e xerando 700 postos de traballo directos cun impacto económico de 60 millóns de euros. Leva desde 2007 integrando aos principais festivais españois de música clásica como plataforma de referencia na difusión e promoción. Nace da oportunidade e necesidade sectorial de xerar unha rede de diálogo, colaboración e interlocución dos principais festivais do territorio español, para fortalecer a coprodución e itinerancia dos proxectos artísticos, dar a coñecer a misión e valores dos seus festivais e potenciar a participación dos máis diversos públicos nas súas programacións. Así mesmo, xorde da necesaria intervención dos festivais no debate e evolución das políticas culturais. FestClásica é membro da European Festivals Association (EFA) e conta co apoio do INAEM, Ministerio de Cultura e Deporte.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



