José Tomé Roca participou este luns no encontro que acolleu a sede da Deputación de Xaén, onde tamén pediu a creación dun equipo de traballo que urxa a recuperación da partida nos Orzamentos do Estado para o mantemento das estradas provinciais, que eliminou o Goberno de Mariano Rajoy
Lugo, 20 de outubro de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca participou este luns en Xaén na Comisión de Deputacións da Federación Española de Municipios e Provinciais. Un encontro que acolleu o Salón de Plenos do e da Deputación de Xaén e que reuniu a presidentes e presidentas das diferentes administracións do país para analizar asuntos clave do ámbito local e provincial.
Tomé Roca reivindicou que aborda a reforma do financiamento local e o papel das deputacións ante o reto demográfico. “É importante reforzar o papel das deputacións como institucións de cohesión territorial, garantes da igualdade de oportunidades e do apoio técnico e económico aos concellos máis pequenos. Pero as competencias teñen que estar acompañadas de financiamento”, afirmou. Nese sentido, puxo en valor o o papel das deputacións como institucións “próximas e imprescindibles para o equilibrio territorial e o apoio ao municipalismo, especialmente no rural”.
Tamén incidiu no estado das estradas provinciais. “Sumamos entre todas as deputacións de 67.773 quilómetros (máis de 4.200 km son de Lugo) e algunhas provincias temos importantes dificultades para mantelas en bo estado. Moitos problemas”. Engadiu que, ao fío da cohesión territorial, “é moi importante arranxar as nosas vías de comunicación, sobre todo para conectar aqueles núcleos do rural que están máis afastados”. Reivindicou a creación dun equipo de traballo para que dende a FEMP se lle solicite ao Goberno de España “unha partida con este fin nos Orzamentos do Estado, sería unha medida que xa existiu no pasado e que é importantísima para contribuír a fixar poboación no rural e fomentar o turismo non masificado. Unha partida que foi eliminada no Goberno presidido por Mariano Rajo”.
O mandatario provincial de Lugo quixo incidir en que hoxe por hoxe as deputacións “somos as administracións que chegan onde outras non poden chegar. Sen o apoio técnico e económico que nós prestamos, moitos concellos pequenos non poderían manter servizos esenciais como o abastecemento de auga, o mantemento de estradas ou a atención social”. Recalcou que “non pode haber igualdade entre cidadáns se non hai igualdade entre os territorios, por iso creo que necesitamos un financiamento estable e xusto”.
Servizos públicos
En canto aos servizos públicos, Tomé Roca defendeu que para que as persoas poidan asentar a súa vida no rural é fundamental que se garanta “unha sanidade de calidade, unha educación digna e unha boa atención ás persoas maiores. Sen escolas, sen médicos e sen centros de maiores non podemos contribuír a fixar poboación no rural”.
O mandatario provincial puxo de exemplo o Plan Deputación lucense co que “garantimos unha achega de fondos distribuídos con criterios públicos e obxectivos, e que respectando a autonomía local, axuda a sacar adiante obras e servizos”.
Entre outras medidas, tamén resaltou a Rede de Atención a Maiores que ten en marcha a Deputación de Lugo no rural para facer fronte ao reto demográfico. “Son centros públicos públicos, de pequeno tamaño e con poucas prazas que garanten unha atención próxima e xeran emprego sostible”.
Un foro de debate
Na orde do día tamén se abordou a situación dos servizos provinciais de prevención e extinción de lumes, “un servizo esencial que se presta dende as deputacións e que presenta modelos diferentes segundo o territorio”. “En Galicia vivimos uns incendios devastadores, con problemas por parte da Xunta cos medios e onde temos unha falta de estratexia de prevención. Nós seguimos reivindicando máis medios e máis prevención”, afirmou.
Outro dos puntos analizados foi o avance da Rede de Entidades Locais Gandeiro-Cárnica, á que pertence a Deputación de Lugo dende a súa recente adhesión. “Un punto que se puxo en valor no encontro, agradecendo a nosa contribución e as achegas que estamos levando aos diferentes encontros que xa acudimos”.
Así mesmo, os mandatarios e mandatarias provinciais debateron sobre as novas iniciativas en materia de diversidade relixiosa, benestar animal e colonias felinas, así como a creación dun grupo técnico permanente de coordinación das deputacións. Entre os puntos do día tamén estaba a celebración do 45 aniversario da FEMP, cun balance das accións conmemorativas e da actividade institucional desenvolvida ao longo do último ano.
Nesta sesión de Xaén, os representantes provinciais tamén recibiron información sobre as últimas declaracións institucionais aprobadas pola FEMP, entre elas as relativas á reforma da Lei de Economía Circular, á defensa do sector primario, á igualdade e loita contra a violencia machista, e ao Día Internacional das Mulleres Rurais, celebradas recentemente.
Defensa do municipalismo
A Comisión de Deputacións da FEMP funciona como órgano consultivo e de traballo permanente, que agrupa aos responsables das Deputacións, Cabidos e Consells Insulars de España. O seu obxectivo é analizar e propoñer medidas comúns en materia de servizos públicos, financiamento, innovación e cooperación interadministrativa.





















O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este venres o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
O sábado tivo lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



