A primeira parte penaliza a un Burela que “colle o gusto” ás remontadas fóra da casa
Burela, 25 de outubro. Longa viaxe ata Ibiza para “os nosos Pícaros”, que hoxe ás 17.15h xogaron o encontro da quinta xornada no Insular Blancadona ante o Gasifred Atlético Ibiza. Competido encontro cun gol en propia porta no minuto 7 que penaliza ao Burela e unha segunda parte igualada, pero na que o Burela non logra remontar os tres goles de vantaxe non conseguindo anotar ata o minuto 34, a pesar do bo xogo de cinco durante os últimos 3 minutos.
Comeza apertando o Burela con dous lanzamentos a portería de Alberto no primeiro minuto. Primeira ocasión clara do Gasifred no minuto 4 cun disparo frontal que despexa Starna coas mans, outro paradón do porteiro arxentino que despexa un remate afastado, outra vez de Ricard e de novo o xogador do Ibiza volve tentalo logrando despexar a defensa. No minuto 7 chega o primeiro dos locais nunha acción de saque de banda que, xa dirixida a portería, roza a perna de Jason e cóase entre os paus da portería visitante. Continúa tentándoo o Burela e no minuto 13 tena Alán cun disparo escorado que se vai por encima do traveseiro, pero a tres minutos do final chega o segundo dos ibicencos, un remate de Usama desde a liña da área nun saque de esquina de Faly. Lánzaa pola liña de fondo Charly a 20 segundos do final nun disparo afastado moi potente.
Sae João baixo paus na segunda parte, xogo tamén igualado nesta segunda parte onde se mantén o marcador durante os primeiros 10 minutos. No 33 Caruso logra aumentar a vantaxe poñendo o 3-0 nun erro de João que fai unha saída de porteiro, perdendo o balón ante o arxentino, marcando este a pracer cun Charly que tenta frear a xogada sen lograr salvar a situación. Pero o xogador coruñés consegue remontar a moral do do equipo un minuto despois, anotando un golazo tras regatear a Hugo Alonso e executando un disparo potentísimo case dende media pista, que se coa entre a defensa local logrando acadar a rede. Outro minuto despois chega o segundo dos burelenses, esta vez de Pitero, coándolla ao porteiro que deixa un balón parado fronte á portería, recolléndoa o capitán burelense tras un saque de córner de Izan e anotando o 3-2. Aposta David Rial polo xogo de 5 a falta de 3 minutos e sae Jason coa elástica negra ata o final do partido, xerando numerosas ocasións que non logran finalizar entre os paus dos locais. Entre elas, a falta de dúas décimas lánzaa Izan por riba do traveseiro e sendo a última xogada do encontro.
Ficha Técnica Gasifred Atlético Ibiza 3-2 Burela FS
Gasifred Atl. Ibiza (3): Álvaro; Faly, Moreno, Uge, Usama (C) -quinteto inicial-, Ricardo, Ramón Vargas, Hugo Alonso, Caruso, Miguel León.
Burela FS (2): Starna; Jason, Charly, Alberto, Izan, -quinteto inicial-, Meira, Pitero (C), Marquinho, Alán, João Silva (P).
Goles: 1-0, min. 7: Jason (PP). 2-0, min. 17: Usama. 3-0, min. 33:Caruso. 3-1, min. 34: Charly. 3-2, min. 35: Pitero
Árbitros: Alberto Miñano (Valencia), Javier Andreo (Valencia), Silvia Guerrero (Baleares), Juan Alberto Duaso (Baleares)
Incidencias: Veu tarxeta amarela, por parte do conxunto visitante, Pitero.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.


