As burelás levan tres partidos consecutivos puntuando tras este partido dedicado á campaña “NON á violencia de xénero” de Deporte Galego
Burela, 25 de outubro, 2025. Partido dedicado á campaña “NON á violencia de xénero” de Deporte Galego, no que as nosas Pícaras se enfrontaron a un perigoso e serio rival nesta categoría, o AE Lles Corts-UBAE, en Vista Alegre ás 18.30h. Primeira parte parte moi competida con moi bo arranque do conxunto catalán que anota no primeiro minuto e segunda parte con final de infarto no que as burelás logran empatar o partido, tirando de épica, no últimos seis minutos. Dobrete en ambos equipos por parte de Martita e Sydorenko.
Comeza costa abaixo o partido para as burelás, cun gol de Martita que remata, no corazón da área, un envío dende a ala dereita de Laura Torres. Continúa o partido con ocasións, en maior medida, para o equipo visitante, pero mantendo o marcador ata o descanso. Apertan máis as laranxas para partir do minuto 10, xerando oportunidades e con moito protagonismo de Lara, non logrando empatar o encontro.
Segunda parte máis igualada, cunha primeira ocasión clara de Lles Corts, no minuto 23, un disparo escorado que despexa Ana Eliza coas mans por riba da portería e recóllea Muni nunha contra de Sydorenko segundos despois. Presiona máis o conxunto catalán nesta segunda parte e chega o 0-2 no minuto 30, o segundo tanto de Martita tras unha recuperación e contraataque de Ona en propia cancha, que dispara desde a banda atopándose a Cris Branco pero volve recoller Ona e combina coa xogadora rioxana que remata desde a área. Aposta Belén Feal polo xogo de cinco e sae Lara coa elástica de porteira-xogadora no minuto 33 e un minuto despois, tras unha recuperación de Gabi a media pista, Sydorenko logra o 1-2 rematando de cabeza un disparo ao segundo pau de Cris Blanco. Volve o Burela a saír de 5, esta vez con Irene de porteira xogadora e ocasión clarísima de Lara no 36, á que se lle escapa un remate na área tras un moi bo pase de Sandra nunha boa combinación no ataque de 5. Continúan tentándoo as burelenses e noutra boa estratexia dispara demasiado escorado Laura Barranco, atopándose á porteira. Segundos despois, a xogadora almeriense case a volve a meter entre paus nun remate que lle rouba Peña sacándoa a córner. E chega o empate no 38, o segundo de Sydorenko, en pleno xogo de 5 para 4, sorprendendo a Muni cun potentísimo disparo desde os 13m. Sae Les Corts con Peña de porteira-xogadora tentando volver poñerse por diante de novo no marcador, sen conseguilo. Últimos segundos de infarto en Vista Alegre e tena Lara no últmo segundo tras un despexe de Ana Eliza directo a portería, onde Lara tenta metela de cabeza pero choca con Muni que non permite á focense anotar o terceiro, xusto antes da bucina final.
Ficha Técnica Burela FS 2-2 A.E. Les Corts-UBAE
Burela FS (2): Ana Eliza; Cris Blanco, Irene, Sandra, Lara -quinteto inicial-, Gabi, Sydorenko, Laura Barranco, Marina.
AE Les Corts-UBAE (2): Ángela; Laura Torres, Silvia, Martita, Peña –quinteto inicial-, Paula Guix, Bet, Rojo, Luci, Ona, Laura Oliva, Muni.
Goles: 0-1, min. 1: Martita. 0-2, min. 30: Martita. 1-2, min. 34: Sydorenko. 2-2, min. 38: Sydorenko.
Árbitros: Borja Darriba, Daniel López, Andrea de Luis.
Incidencias: Viron tarxeta amarela, por parte das locais, Sydorenko e Cris Blanco. Por parte das locais, Ángela e Nil Marco.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.


