Dous estudos arqueolóxicos intensivos aseguran que non hai vestixios identificables
Foz, 28 de outubro, 2025. Mina Begoña é unha concesión de explotación de caolines operada por Euroarce Caolines desde 2020 no termo municipal de Foz que está activa desde hai décadas e que conta con todas as licenzas, permisos e autorizacións necesarias.
Nestes días están a realizarse operacións mineiras ordinarias de extracción de minerais dentro do perímetro da mina con todas as autorizacións administrativas en vigor.
No espazo da concesión de Mina Begoña creouse en 2018 un perímetro de protección cultural definido polo Plan Xeral de Ordenación Municipal coa denominación ‘Explotación mineira dá Espiñeira’.
Co obxecto de delimitar con precisión a súa área de influencia, en 2022 Euroarce Caolines encargou a un perito experto a prospección e análise arqueolóxico do terreo coa supervisión e autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo de Lugo).
O informe concluíu que “no se han encontrado elementos de Patrimonio Cultural de interés en las zonas localizadas al Este, Sur y Oeste de la explotación, quedando en duda las zonas al Norte debido al elevado grado de vegetación existente”.
Posteriormente, no ano 2024 e igualmente, de forma voluntaria por parte de Euroarce Caolines, procédese a realizar un novo proxecto de prospección arqueolóxica nun perímetro adicional ao verificado en 2022.
Tras a prospección realizada confírmase que na zona estudada “non se atoparon vestixios mineiros e culturais antigos” e por tanto a zona onde se pretende realizar os labores de explotación é “totalmente compatible co Patrimonio Cultural” contando con resolución favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de finais de 2024.
Desta maneira, testemúñase con dous estudos arqueolóxicos intensivos, validados pola administración, que Euroarce Caolines realiza e realizou a súa actividade extractiva sen afectar o Patrimonio Cultural en Mina Begoña (Foz).



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



