Foz, 29 de outubro de 2025. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, xunto aos concelleiros de goberno Inés López Couto, Ángel Fernández, Elena Martínez e Kathy Navarro, os voceiros da oposición e outros membros da corporación, recibiron este mércores nas obras da nova EDAR en Forxán á conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, ao director de Augas de Galicia Roi Fernández, ao delegado territorial da Xunta, Javier Arias: e á parlamentaria autonómica Lara Méndez. Na visita ás obras participaron técnicos e representantes da dirección de obra e das construtoras que están a realizar os traballos. Durante o acto púxose en valor a construción da nova EDAR, cun investimento total estimado de 14,2 millóns de euros financiados nun 80% pola Unión Europea a través de fondos FEDER e un 20% con fondos propios de Augas de Galicia.
“Durante a visita ás instalacións o director de obra e os técnicos da UTE construtora marcaron o 2026 como data de finalización das obras. Na actualidade está rematada a nova canalización de impulsión desde o peirao de Foz e están en execución as obras do tanque de tormentas do Porto de Foz e as instalacións da nova depuradora en Forxán. Quedan pendentes de inicio as obras do tanque de tormentas da praia de Llas, que evitará vertidos a esta praia, e o novo colector de desaugue, que se afasta da costa 500 metros”, explico o alcalde de Foz, Fran Cajoto, que engade: “máis alá dos números, este é un proxecto colectivo, de todos. Dunha gran complexidade, supón un esforzo maiúsculo para coidar e manter limpa a nosa ría, de gran interese natural e paisaxístico, zona LIC e ZEPA. Unha infraestrutura destas características traspasa mandatos electorais e obriga a traballar de forma conxunta goberne quen goberne. No ano 2008 o alcalde José María García Rivera dispoñía xa dun proxecto -neste caso en Peizás- para a nova depuradora polo compromiso do conselleiro de Medio Ambiente da época, Manuel Vázquez. No 2016 Javier Jorge Castiñeira asina o convenio para a construción da depuradora, orzamentada naquel momento en 8 millóns de euros e cun prazo de finalización no ano 2020. No ano 2022, xa sendo eu alcalde, adxudícase a redacción do novo proxecto construtivo e a execución das obras, en xullo do 2023 o Concello de Foz expropia os terreos necesarios e en abril do 2024 comezan as obras. O ciclo integral da auga é prioritario e o novo contrato de concesión, pendente de elevar a pleno, vainos a permitir investir máis de 3,5 millóns de euros no abastecemento e saneamento, que xunto coa depuración son as tres patas que conforman a xestión de este recurso tan escaso”.
“Queremos seguir colaborando coa Xunta, por iso lle demandamos á administración autonómica que, tomando como exemplo a depuradora, traballemos para, despois de 20 anos, construír de novo vivenda social en Foz. Vivenda de aluguer social con prezo asequible, máis necesaria ca nunca despois dunha suba de prezos nos alugueiros de máis do 50% nos últimos tres anos. É o que nos demandan as veciñas e veciños e debemos estar á altura”, comentou Fran Cajoto.
E o alcalde rematou agradecendo a todos os que posibilitaron esta infraestrutura e especialmente ao director da obra e aos técnicos e traballadores da asistencia técnica e da contrata: “hai que destacar e recoñecer o gran traballo que se está a levar a cabo. Compatibilizamos unha obra de gran complexidade técnica, que discorre polo medio da vila, interferindo o mínimo posible a vida cotiá do pobo e dos seus veciños. É de agradecer este bo facer”.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



