Pretende concenciar á cidadanía sobre a necesidade de participar activamente na minimización dos efectos do cancro
Burela, 4 de novembro de 2025. A Asociación Esperanza ten como un dos seus obxectivos a concenciación da veciñanza para lograr cando menos minimizar os efectos do cancro desde varios ámbitos: ampliar os campos de investigación, facer unha detección cada vez máis precoz da enfermidade, minimizar os efectos dos tratamentos, reducir todo o posible a repercusión dos mesmos nos enfermos e tamén procurar que os impactos da enfermidade sobre doentes e familias sexan os menores posibles.
Para iso, Esperanza organizará o vindeiro día 7 de novembro, venres, ás oito da tarde, na Casa da Cultura, unha mesa redonda, á que seguirá un coloquio, que leva por título “Oncología: presente y futuro. Qué podemos hacer entre todos?”. Na mesma participarán tres ponentes que están profesionalmente implicados neste campo: o doutor Joaquín Mosquera Osés, xefe de sección da Unidade de Mama do CHUAC; o doutor Ignacio Fernández Sobrado, F. E. A. do Servicio de Oncoloxía Médica da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte; e o psicólogo clínico do HULA Carlos Mosquera López.
Ademais, haberá unha mesa debate con participación de doentes e familiares. Todo o acto será moderado polo xefe de servizo de radiodiagnóstico do Hospital Público da Mariña Ignacio Docal Cabrera.
Desde o colectivo consideran que as aportacións dos tres profesionais poden ser de grande interés para axudar a conformar na sociedade a convición de que a loita contra o cancro é cousa de todos, e non soamente do personal sanitario. É preciso que cada persona se convenza de que pode axudar a vencer esta enfermidade.
E para iso Esperanza entende que a presenza neste acto de personas enfermas e familiares vai contribuir a trasladar unha visión máis personal e próxima do que significa sofrir esta enfermidade tanto directamente coma no ámbito familiar.
Esperanza, que agradece aos médicos participantes a súa colaboración así como ás testemuñas que van intervir, e tamén ao Hospital Público da Mariña pola súa disposición a apoiar e contribuir a que se faigan este tipo de actos, e ao Concello de Burela por cedernos a Casa da Cultura, confía en que o acto do vindeiro 7 de novembro sexa un paso adiante na concienciación cidadá. E afirma que continuará organizando eventos semellantes para seguir a axudar nunha loita que ainda ten camiño por percorrer.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



